Mapa web
Youtube
Campus UNED

UNED Ourense presenta un curso sobre como afrontar crises humanitarias

24 de octubre de 2022

Vaise celebrar os días 24 e 25 de novembro con docentes que comparten prácticas en diferentes países dentro do proxecto Inovhumre no que participan ONGs e universidades de España, Turquía, Portugal, Colombia e Brasil. Poderase seguir presencialmente e en liña.

OURENSE, 24 de outubro de 2022. Neste curso analízanse as crises humanitarias e as mellores estratexias para afrontalas. Préstase especial atención ás ferramentas dixitais para deseñar, avaliar e compartir información en contornas de crises humanitarias e catástrofes. Para iso, compartense as boas prácticas que levan a cabo en diferentes países, dentro do proxecto Inovhumre (Innovation in Humanitarian Response) no que participan Ong e universidades de España, Turquía, Portugal, Colombia e Brasil. Este curso vai celebrar os días 24 e 25 de novembro de 2022 en UNED Ourense. Consta de 23 horas lectivas cun crédito ECTS. Pode seguirse en liña e en modalidade presencial. 

Hai seis relatores: Rafael Acebes Valentín, profesor asociado de Traballo Social da Facultade de Dereito da UNED; Gonzalo Cavero Cano, Project Manager. Cátedra en Innovación en Servizos Sociais e Dependencia. UNED-Fuenlabrada-AEDYGSS; Rocío Ciero Reche, técnica de Proxectos de Fundación Magtel; Ángel de Juanas Oliva, director da Escola Internacional de Doutoramento (EIDUNED) coordidador especialidade educación física (mestrado-fpso), profesor titular de universidade, Teoría da Educación e Pedagoxía Social da Facultade de Educación da UNED; Diego Antonio Galán Casado, profesor axudante doutor de Teoría da Educación e Pedagoxía Socialde na Facultade de Educación da UNED; Francisco Javier García Castilla, profesor titular de Universidade no Departamento de Traballo Social da UNED; Antonio López Peláez, catedrático na Facultade de Dereito da UNED, Departamento de Traballo Social (na imaxe). Tamén estarán Marta Lora Tamayo-Vallve, catedrática de Dereito Administrativo da UNED e Raquel Pelta Resano, profesora do Grao de Deseño da Facultade de Belas Artes da Universidade de Barcelona.

Esta iniciativa deriva do congreso internacional celebrado na cidade de As Burgas pola UNED en xullo pasado e prodúcese nunha universidade que desenvolve unha importante investigación no campo dos servizos sociais, algo tan necesario nunha provincia como a ourensá.        

Programa

  • Xoves, 24 de novembro
    • 16:00-17:00 h. Axuda humanitaria e especialización profesional: un novo contexto. Con Antonio López Peláez.
    • 17:00-18:00 h. Marco legal para a axuda humanitaria en España, con Marta Lora Tamayo-Vallve.  
    • 18:00-19:00 h. Codeseño. Definición e modelos teóricos aplicados á axuda humanitaria, con Raquel Pelta Resano.
    • 19:00-20:00 h. Estratexias de codeseño aplicadas á avaliación participativa, con Raquel Pelta Resano.
  • Venres, 25 de novembro
    • 17:00-18:00 h. Ferramientas dixitais para a avaliación participativa, con Ángel De Juanas Oliva e Francisco Javier García Castilla.
    • 18:00-19:00 h. Entidades sociais de axuda humanitaria: visibilidade e recursos dispoñibles nas sus páxinas webs. O relator será Diego Antonio Galán Casado.
    • 19:00-20:00 h. Medios de comunicación social e axuda humanitaria, con Rafael Acebes Valentín.
    • 20:00-21:00 h. Casos prácticos en ONGs, a cargo de Rocío Ciero Reche e Gonzalo Cavero Cano.

As prazas limitadas para quenes opten pola modalidade presencial son 30. 

Matrícula Ordinaria

Prezo de 30 euros

Matricúlate aquí

Este curso está dirixido por Antonio López Peláez, catedrático da Facultade de Dereito, Departamento de Traballo Social e coordinado por Roberto Ignacio Fernández López, catedrático de Dereito Financieiro e Tributario da Uvigo, profesor Titor e coordinador de Extensión Universitaria en UNED Ourense.

UNED Ourense

Comunicación

Carretera de Vigo Torres do Pino  s/n Baixo 32001 Ourense - . Tel. 988371444 info@ourense.uned.es