Mapa web
Youtube
Campus UNED

A todo ritmo coa Agrupación Musical da Limia para clausurar o curso da UNED Sénior Ourense

30 de junio de 2022

Nol Teatro Principal houbo algo máis dunha hora de bó espectáculo coa actuación dos xoves da agrupación limiá e os cantores xa Coral Santa Mariña, hoy acollidos da devandita agrupación. Foi unha tarde emocionante para moitos dos asistentes que ovacionaron aos artistas neste acto da UNED.

OURENSE, 30 de xuño de 2022.  No Teatro Principal de Ourense viviuse na tarde do xoves 30 de xuño un marabilloso espectáculo coa actuación dos xoves músicos da Agrupación Musical de A Limia. No patio de butacas así como nalgúns palcos había ambente. Cando todos os músicos tomaron asento no escenario, subiron ao mesmo  o director de UNED OurenseJesús Manuel García Díaz, e a coordinadora de UNED Sénior Ourense, María Concepción Álvarez Gómez. García saudou a todos agradecendo tambén a presenza do vicepresidente da Deputación, Rosendo Luis Fernández e deu a palabra á coordinadora.

Así, María Concepción Álvarez , deu a benvida ao público "no Acto de fin de curso da sétima edición 2021-22 da UNED Sénior neste magnífico escenario do Teatro Principal de Ourense. Quero darvos as grazas pola vosa entusiasta participación neste curso que foi tan especial para todos, e que foi o do reencontro despois de case dous anos de pandemia e restricións que nos obrigaron primeiro a suspendelo en 2020 e a realizalo de forma telemática en 2021. O curso que agora finaliza púidose celebrar presencialmente aínda que con algunhas limitacións de aforo, que esperamos poder superar para a próxima edición 2022-2023".

 O director de UNED Ourense, Jesús Manuel García Díaz, agradeceulles a confianza depositada durante estes últimos anos no programa Senior desta universidade. "Tras unha vida de traballo, agora gozades con estas materias que votades cada curso e que vos axudan a facer grupo, a establecer contacto entre vós, a ter unha ilusión, un aliciente, sempre a mente activa, aprendendo cada día cosas novas, reciclándonos nalgúns casos. Sempre coa paixón por saber, por obter coñecemento. Cónstame que sodes alumnos serios, que facedes que os profesores gusten de ensinarvos temas, por como preguntades, por como vos interesades. Aquí recibides unha formación non formal. Xa sabedes que a variedade de contidos dos cursos é extraordinaria precisamente porque a multiplicidade de miradas sobre a realidade e a atención ás necesidades e anhelos plurais dos cidadáns conforman dous dos principais trazos diferenciadores da formación de adultos". "Motísimas grazas por tervos como amigos, como usuarios da UNED neste querido formato Senior. Parabéns polo voso traballo, agora gozade con este concerto da Agrupación Musical da Limia".

García agradeceu o apoio que a Deputación Provincial dá á UNED, como socio maioritario no Consorcio, "A UNED leva formando a milleiros de ourensáns ao longo de 30 anos grazas a todas as institucións do Consorcio e especialmente á Deputación. Damos as grazas igualmente á dirección e ao equipo magnífico do Teatro Principal, por acollernos nas súas instalacións. Este teatro é unha xoia. E grazas por suposto á Agrupación Musical da Limia, que naceu a mediados do mes de outubro do ano 2005 para dar cabida ás inquedanzas dos membros da Banda de Música Municipal de Xinzo de Limia, coa finalidade de potenciar a cultura musical da comarca da Limia en Ourense. Aquí están novas xeracións con tantos mozos. Sen dúbida que quen se dedica á música non poden ser malas persoas", dixo o director.

Baixo a batuta de José Luis Tielas, a grandiosidade da música comezou a invadir a bomboneira. Abriron co pasodobre Camiño de Rosas, de José Franco e Ribate, e aquilo prometía. O segundo tema, Portrait of Spain, de Teo Aparicio Barberáin, puxo sabor español a través dun percorrido por varias autonomías. Esta Agrupación é a única de Galicia que estará no festival internacional de bandas que se celebra nuns días en Valencia. E levarán como composición a que interpretaron no Principal. Un tema xaponés, de Joe Hisaishi, Spirited Away, que vai percorrendo escenas dunha película de ánime. Certamente a peza é moi complexa e variadísima. Pero estes mozos interpretárona emocionando ao espectador. Inclúe un fragmento cantado en xaponés por unha das integrantes.

No repertorio houbo oco para a obra dunha compositora ourensá, María Mendoza, que estaba nun palco e adicou grandes palabras ao director da agrupación musical selándose ese diálogo cun forte aplauso para ela. A obra tocada foi A bela, e con certeza que resultou maxistral. De Dani Daniel interpretaron o Valse das Bolboretas, que demostra a versatilidade destes músicos.

No primeiro palco, á dereita, estaban os membros da Coral Santa Mariña de Xinzo, hoxe acollida na Agrupación Musical da Limia. Foron presentados por Tielas e cantaron coa banda a popular canción galega O voso galo comadre, A continuación, con todo o Teatro posto en pé, interpretaron o Himno Galego, nunha versión doce non carente de emoción. Así parecía rematar un espectáculo brillante, se non fose porque regalaron un bis, nada menos que o Mambo número 8, que fixeron levantar ao público. Impresionante interpretación chea de ritmo ao que era moi difícil resistirse. A ovación final foi notable.

 José Luis Tielas agradeceu á UNED que contase con eles para esta clausura do curso dos máis veteráns. E lembrou a colaboración que mantén precisamente con UNED Ourense cada ano para organizar o curso de extensión universitaria de directores de bandas de música, pasando por el os mellores directores do mundo nesta especialidade. Este curso é un clásico ao que o director de UNED Ourense confirma o seu apoio polo bo que achega á sociedade e moi especialmente aos máis novos. Á parte de estudantes de UNED Sénior acudiron a Ourense familiares de varios integrantes da Agrupación Musical dá Limia, que estiveron acompañados polo limiano e deputado galego, Carlos Gómez

Programación UNED Sénior Ourense para o novo curso

Álvarez Gómez presentou aos veteráns estudantes a programación de materias do vindeiro curso. Os estudantes da UNED Sénior en Ourense xa escolleron, de 21 materias, oito como as máis votadas para formar o programa docente do novo curso académico 2022/23. Eses contidos impartiranse cada semana nunha aula do Centro Cultural Marcos Valcárcel. Así, no primeiro cuadrimestre, cada luns, ás 16:30 horas, o docente Simone Gerolano Saibene falaralles do novíssimo cinema italiano. E ás 18:30 horas, Ángel Domínguez López, explicaralles Arte barroca española. Os xoves do primeiro cuadrimestre, ás 16:30 horas os matriculados na UNED Senior de Ourense terán a materia A intelixencia emocional, a cargo de Esther López Pérez. A continuación será a cita con Gaia, un planeta que agoniza II, cuxo docente é Fabio Tabarés Santalices. Xa no segundo cuadrimestre, estes maiores que gozan coa UNED Senior terán, á mesma hora que nos catro primeiros meses, os luns, Crimes sen resolver?, coa docente Alejandra Fernández González. Despois Fabio Tabarés Santalices explicaralles Érase unha vez a vida: nutrición, saúde e enfermidade. E os xoves dese segundo cuadrimestre comezarán con Filosofía Contemporanea II a cargo de Miguel Guerra Rodríguez, tras a que seguirá Introdución á historia da arte I, con Verónica Conde Cerreda.

UNED Sénior é un programa formativo dirixido a esas persoas maiores de 55 anos que buscan completar a súa experiencia profesional e coñecementos previos, sexan cales sexan, cunha formación que lles permita actualizarse e adquirir unha maior comprensión e participación na sociedade actual. É un programa de carácter esencialmente presencial. Con todo, e dado que a UNED pode achegar a formación en liña que lle é propia, o programa tamén ofrece esta modalidade de aprendizaxe, cando é necesario.

 Ao rematar o concerto, tanto a coordinadora da UNED Sènior como o director de UNED Ourense deronlle a máis cordial noraboa ao director da banda, José Luis Tielas, (segundo pola dereita na imaxe).

Se estás a pensar nunha universidade próxima, de calidade, que dá resposta ás túas necesidades e intereses como parte dun grupo social cada vez máis numeroso e activo, ven a UNED Ourense e matricúlate en UNED Sénior. Serás un máis dos case 8.000 estudantes sénior que anualmente pensan que nunca é tarde para aprender.

UNED Ourense

Comunicación

Carretera de Vigo Torres do Pino  s/n Baixo 32001 Ourense - . Tel. 988371444 info@ourense.uned.es