Mapa web
Youtube
UNED

UNED Ourense terá un orzamento de 916.000 euros para o novo ano académico

27 de julio de 2021

A IGAE volve informar favorablemente a xestión económica da Dirección, na auditoría que realiza desde fai varios anos, o que motivou os parabens do Vicerreitorado de Centros Asociados así como das outras entidades consorciadas: Deputación Provincial de Ourense, Concello de Ourense, Xunta e Concello de A Rúa.

OURENSE, 27 de xullo de 2021.- UNED Ourense terá para o novo ano un orzamento de 916.466 euros, aprobado pola Xunta Reitora do Consorcio do Centro Asociado á UNED en Ourense, na sesión celebrada onte, día 27. “Podemos dicir que o noso Centro Asociado ten solidez orzamentaria grazas ao puntual cumprimento das súas obrigacións económicas por parte das institucións  consorciadas, aquí presentes, ás que desde esta Dirección móstraselles o máis sincero agradecemento, e pola política de contención do gasto desenvolvida desde a Dirección”, manifestou o director, Jesús Manuel García Díaz.

De igual modo a xestión económica do centro Asociado conta, un ano máis, co informe favorable da auditoría que realiza cada ano a  IGAE. O director expresou a súa “satisfacción porque, como vostedes saben, sempre informou favorablemente as nosas contas e nesta ocasión volve facelo, pero sen emitir ningunha condición nin recomendación, o cal, cremos, resulta case excepcional. Todos e todas contribuímos na medida das nosas posibilidades e das nosas competencias a este éxito”.  A vicerreitora adxunta de Centros Asociados, Sonia Cristina Orgaz, felicitou ao Centro Asociado pola "boa xestión realizada segundo se ve tras o informe da IGAE, parabens ao equipo de Dirección e ao PAS por este resultado". A felicitación do Vicerreitorado fíxose extensiva por parte do resto das entidades consorciadas.

Entre os 13 puntos desta sesión da Xunta Reitora  foi aprobada a primeira proposta de  RPT do Centro Asociado nos seus case 29 anos de existencia. A elaboración dunha  RPT estaba xa contemplada no Convenio Colectivo de 2008 e tamén foi unha das recomendacións que no seu día formulou a  IGAE en orde a dotar ao Centro dunha estrutura organizativa planificada. Esta debe perseguir, os obxectivos da eficacia e eficiencia na xestión, e en coherencia cos novos estatutos do Consorcio Universitario do Centro Asociado á UNED en Ourense, que lle outorgaron un novo status xurídico que lle obriga a adaptar a súa xestión e a perfeccionar o seu funcionamento, para cumprir estritamente a normativa estatal que lle é de aplicación. En base a iso, o director asumiu como reto dar un impulso á mesma como anunciara na reunión da Xunta Reitora do 30 de outubro de 2019.

A Xunta Reitora, como órgano de goberno do Consorcio da UNED, aprobou a conta xeral do 2020  e o  Plan Académico 2021-2022 no que se contempla toda a organización das tutorías para que os estudantes podan ter todas as facilidades ao iniciar o curso. Do mesmo xeito aprobáronse outros aspectos do funcionamento diario do Centro Asociado, que segue a gozar de boa saúde polo rumbo que lle dá a Dirección.  

 

UNED Ourense

Comunicación

Carretera de Vigo Torres do Pino  s/n Baixo 32001 Ourense - . Tel. 988371444 info@ourense.uned.es