Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

Verín acolle o ciclo da UNED sobre o Camiño Meridional este mércores

8 de abril de 2024

José Luis Rodríguez Cid disertará ás 19.00 horas acerca da protección do Camiño antes do Xacobeo 92  e a súa mellora ata os nosos días. A sesión tenrá lugar na Casa da Cultura e o acceso é de balde, tanto presencial como en liña. 

OURENSE, 8 de abril de 2024. O ciclo de conferencias sobre o Camiño Meridional organizado por UNED Zamora e UNED Ourense chega a terras ourensás esta semana. Así, o mércores, 10 de abril, ás 19:00 horas, celebrarase un relatorio no salón de actos da Casa da Cultura de Verín a cargo de José Luis Rodríguez Cid, presidente da Asociación Amigos do Camiño Meridional. O título escollido para a súa exposición é A protección do Camiño antes do Xacobeo 92 e como se foi mellorando nestes anos.  

Tanto a esta conferencia como a las otras cinco restantes que ofrecerá este curso, se puede acudir presencialmente o en línea, para lo cual es necesario inscribirse gratuitamente pinchando aquí.

Das 225 persoas que xa formalizaron a súa inscrición, participan cidadáns desde distintos puntos de España e do resto do mundo. Así, hai unha persoa que segue as conferencias desde Moscú, outra desde o estado norteamericano de Illinois. Outro faino desde París. Nos Países Baixos inscribiuse outra persoa. Desde o territorio nacional apuntáronse outras 22 persoas en Madrid; 7 en Barcelona, As Palmas de Gran Canaria;  Málaga e Pontevedra; 8 en Valencia. Hai inscritos en Andalucía, Aragón, Asturias, Canarias, Castela-A Mancha, Casela e León, Cataluña, Galicia, Madrid, Murcia, Navarra, País Vasco e A Rioxa.    

O programa de conferencias restantes en terra ourensá é o seguinte:

  • Día 17 de abril, mércores: en Allariz: Alejandra Fernández, abogada especializada en políticas de igualdade: O Camiño Meridional en perspectiva de xénero. No salón de plenos do Concello.

  • Día 19 de abril, venres: en Ourense: César Pichel, arquitecto director da Oficina de Rehabilitación do Casco Histórico de Ourense no cambio de milenio. Falará de Ourense, o ‘corazón’ do Camiño Meridional. Será no salón de actos do  Centro Cultural Marcos Valcárcel.

  Para seguir en línea el curso hay que inscribirse gratuitamente aquí.

 

UNED Ourense

Comunicación 

Campus NoroesteVisítanos
Canal UNEDAccede
Sede ElectrónicaAccede
Oficina de PrácticasOficina Prácticas
Librería Virtual UNEDAccede
UNIDIS DiscapacidadAccede
Calendario académico 2025-2026Accede
BibliotecaAccede
BibliotecaAccede
Convocatoria interna tutores 2025-2026
Accede
Microcredencial Explotación y tratamiento de la castaña en GaliciaMatricúlate aquí
Horarios OurenseHorarios OurenseHorarios OurenseHorarios A RuaHorarios A Rua
Carretera de Vigo Torres do Pino  s/n Baixo 32001 Ourense - . Tel. 988371444 info@ourense.uned.es