Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

"Abride a mente ao mundo do coñecemento, axudade a tender pontes, non a levantar muros" 

29 de febrero de 2024

O director de UNED Ourense tivo dúas sesións de reuniones cos estudantes de segundo de Bachillerato do IES Ferro Couselo, na cidade. Deulles a coñecer a nosa Universidade.

OURENSE, 29 de febreiro de 2024. No IES Ferro Couselo de Ourense tiveron lugar dúas charlas que sobre a UNED deu aos seus alumnos de segundo curso de Bacharelato o director de UNED Ourense, Jesús Manuel García Díaz. Foron dúas sesións intensas nas que os mozos seguiron as explicacións co máximo interese, mostrándose sorprendidos ao adquirir agora unha nova visión acerca da universidade pública máis grande de España. Tamén aquí rompeulles os esquemas o feito de que a nosa universidade non teña nota de corte.

Os estudantes xa coñecen a estrutura física da UNED, reitorado facultades, escolas técnicas superiores e centros de investigación , e como se estuda nesta institución, cun sistema máis parecido ao anglosaxón, no que o estudante se responsabiliza (con todos os medios ao seu alcance) do seu traballo como tal, aclarando dúbidas e recibindo guía por parte dos profesores titores de UNED Ourense, para logo afrontar os exames. García Díaz nestas sesións móstrase firme á vez que moi próximo aos estudantes. Fálalles con claridade e enseguida anímaos, empatiza con eles: "Isto que vos conto é moi serio, porque se trata de que empecedes a deseñar a vosa vida, pero tamén vos digo que sexades felices, creativos, honestos, non egoístas, tolerantes. Dade o mellor de vós cando cheguedes á universidade e agora, en todo o que fagades. Destacade por vós mesmos, non queirades ser rabaño nin cataventos. Divertídevos estudando, descubrindo novos coñecementos. Non vos pechedes nas vosas opinións, compartide, abride a mente ao mundo do coñecemento, axudade a tender pontes non a levantar muros".

Nas dúas sesións, os mozos escoitaban e preguntaban. Observaron ao director de UNED Ourense como unha persoa próxima, que lles conta moitas experiencias que a eles pódenlles servir, sempre no marco do seu xa pronto acceso á universidade. E o tempo, en ambas as charlas, foise enseguida. Todos coñecen xa a oferta educativa da UNED, cos seus 30 graos, os seus graos combinados, os seus programas de doutoramento, os seus mestrados, microtítuloscursos de verán, cursos de extensión universitaria, programas de formación permanente...

Advertiulles sobre a desafortunada prevalencia da mentira na nosa sociedade e díxolles, seguindo a Carlos París, que é a característica do tempo que nos toca vivir, posicionándose a mentira como a estrutura mesma que vertebra a nosa sociedade. "Fixádevos que a mentira está tan presente que se metastizou na nosa realidade cotiá. Buscade a verdade no verdadeiro coñecemento, adquiride tesón, constancia, autodisciplina, unha boa autoorganización para ir a procúra da verdade por vós mesmos, polo voso traballo intenso de estudo da luz do saber, desterrando pseudocoñecementos fatuos, seudociencias, charlatanerías que imperan nas redes". E lembroulles algo que defende o filósofo José Antonio Marina, é dicir, que "nunha democracia existe o dereito que todos temos a expresar opinións, pero todos vós e eu mesmo tamén temos o dereito a non respectar calquera opinión, aquela que non estea fundamentada. Porque non todo vale". 

De igual xeito advertiulles da necesidade de exercer o pensamento crítico, tendo en conta que "estamos a ver con demasiada frecuencia o interese patente en afastar das mentes todo sentido crítico, para converter ás persoas en dependentes e inmaturas grazas a administrarlles costumes e hábitos conformistas, en definitiva, facer do individuo un ser manipulable para acabar infantilizando á sociedade. Oxalá non sexa este voso caso nunca, formádevos e loitade contra esta enfermidade social. Ante todo sede sempre vós mesmos e descubride o mundo, a ciencia, co voso esforzo. Se estudades na UNED o voso título de graduado terá, xa volo adianto agora, un gran valor porque tras el estará presente todo o enorme esforzo que poñeredes para culminar os vosos estudos. Tede en conta que hai moitas empresas que optan por graduados da UNED, e que estas persoas teñen éxito nas oposicións, pola inercia que adquirida como auténticos traballadores do estudo, durante catro anos. Vai merecer a pena porque unha alta esixencia deriva nunha excelente formación. Na UNED tedes esta oportunidade de facelo nunha gran universidade do século XXI. E todo o que ela representa, tédelo a disposición en Ourense".

O director convidou a todos os estudantes a organizar unha visita guiada á sede de UNED Ourense. "Só tedes que avisar con tempo, fixamos a hora e poderedes ver como é e como funciona un centro asociado da UNED. Espero a vosa chamada".

Houbo mozos que preguntaron sobre diversos aspectos tratados nas dúas charlas e, en xeral, mostraron o seu agradecemento do mesmo xeito que fixo o equipo directivo deste centro. Tamén García Díaz deu as grazas ao IES Ferro Couselo por permitir mostrar a UNED aos seus estudantes máis maiores, que están xa cun pé na EBAU. A intensidade das conferencias non deixa, certamente, tempo para a distracción, pois os estudantes están pendentes da oratoria do relator, que coñece recursos, e tenos, para captar a atención grazas á súa dilatada experiencia profesional e de formación, como lles manifestou a profesora Isabel Pérez, encargada de presentar ao director de UNED Ourense. 

As charlas para estudantes sobre a UNED continuarán por diversos institutos ourensáns proximamente.

 

UNED Ourense

Comunicación

Carretera de Vigo Torres do Pino  s/n Baixo 32001 Ourense - . Tel. 988371444 info@ourense.uned.es