Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

A UNED e DCA Ourense exploran posibilidades de colaboración

28 de septiembre de 2023

Os responsables da asociación de Dano Cerebral Adquirido recibiron ao director da institución universitaria en Ourense para amosarlle a súa actividade e instalacións de referencia na provincia.

OURENSE, 28 de setembro de 2023. UNED Ourense e a Asociación de Dano Cerebral Adquirido de Ourense (DCA Ourense), estudan posibilidades de colaboración. Na mañá deste xoves celebrouse un encontro oficial na sede da asociación entre a súa directora, Noelia Luque Gómez, o seu responsable de xestión económica, Pablo Martínez Rodríguez e o director de UNED Ourense, Jesús Manuel García Díaz. Nesta esta visita institucional García Díaz pudo coñecer todas as dependencias e a importante labor que leva a cabo DCA Ourense. Saudaron a varios usuarios da devandita asociación que estaban en plena actividade de rehabilitación. Ambas as partes viron que hai oportunidades de colaboración que poda redundar en beneficio tanto dos usuarios como do persoal que enchen de vida ese centro de referencia. 

"Nesta apertura da UNED á sociedade ourensá queremos estudar con detalle unha posible colaboración desde unha Universidad pública de carácter nacional, como a nosa, con vocación de servizo público e de igualdade de oportunidades para toda a sociedade", dixo o director de UNED Ourense. 

Que é o dano cerebral

O Dano Cerebral é unha discapacidade. É o resultado da interacción dos déficit causados polas secuelas dunha lesión cerebral coas barreiras propias dun deseño social que non favorece a integración, nin a rehabilitación precoz, nin unha rehabilitación sostida e continuada. Como toda discapacidade, pon de manifesto as limitacións da nosa sociedade para aceptar a diferencia e dar resposta á integración social e á rehabilitación clínica.

Unha lesión cerebral é unha destrución repentina do tecido cerebral, que pode ter diferentes causas. As máis habituais son ictus e traumatismos, pero tamén se poden orixinar por tumores, anoxias, ou infeccións entre outras.

As secuelas dunha lesión cerebral son diversas e complexas. Ao que se engade que o habitual é que aparezan mesturadas en cadros moi complicados en embarullan:

  • Secuelas motoras.
  • Secuelas cognitivas.

  • Secuelas na comunicación.

  • Secuelas sensitivas e sensoriais.

  • Secuelas nas emocións, na conducta e na personalidade.

  • Secuelas no nivel de alerta.

        

DCA Ourense 

Aspira a ser un referente na provincia de Ourense para a articulación dunha resposta axeitada á problemática asociada ao Dano Cerebral Adquirido. Fundada no ano 2002 por familias con DCA e profesionais do eido sanitario sensibilizados coa problemática. Está en posesión da Acreditación de Centro Sanitario (C32.000885) e inscrita no RUEPSS (E1761). Está declarada de Utilidade Pública.

Conta coa Certificación de calidade: ISO 9001:2015 e en canto á transparencia está sometida á auditoría de contas desde o exercizo 2018 en adiante. 

Estrutura organizativa:

  • Asamblea: 250 socios.
  • Xunta Directiva: 6 persoas membro.

  • Cadro de persoal: 13 persoas trabajadoras.

DCA Ourense é Membro fundador das Federacións de Daño Cerebral Galega (FEGADACE) e Española (FEDACE).  

                                                                           

UNED Ourense

Comunicación

Carretera de Vigo Torres do Pino  s/n Baixo 32001 Ourense - . Tel. 988371444 info@ourense.uned.es