Mapa web
Youtube
UNED

UNED Ourense recibe un recoñecemento do SUP en Galicia

28 de octubre de 2022

A distinción, concedida no congreso federal do sindicato policial celebrado esta semana en Vigo, débese á súa formación de calidade

OURENSE, 28 de outubro de 2022. UNED Ourense recibiu unha distinción no X Congreso Federal do SUP en Galicia, celebrado en Vigo. En nome do director de UNED Ourense, Jesús Manuel García Díaz, desprazouse á cidade olívica o membro do Persoal de Administración e Servizos (PAS), Luís Gulín Iglesias, quen recolleu a placa de agradecemento. Gulín expuxo a mensaxe do director, no sentido de mostrar o seu agradecemento "que nos anima a seguir co noso traballo na actividade universitaria que desenvolvemos na nosa provincia de Ourense. A UNED está aberta a colaborar con institucións, e organizacións para seguir dando o mellor á sociedade na que nos toca actuar. Moitas grazas". 

Este recoñecemento do SUP Galicia dáse a persoas e entidades que son distinguidas polo seu labor de prestigiar o Corpo Nacional de Policía, colaborando activamente co SUP na formación, divulgación e información das súas actividades e reivindicacións, encamiñadas na consecución dun servizo de seguridade publica de calidade, promoción dos valores democráticas e mellora dos medios materiais e das condicións socio laborais do persoal laboral. 

UNED Ourense, foi distinguida pola súa colaboración en materia de formación de calidade, dirixida aos membros da Policía Nacional en xeral e aos afiliados do SUP en particular. Entre outras autoridades estaban presentes o alcalde de Vigo, Abel Caballero, o Director Xeral de Emerxencias e Interior da Xunta de Galicia, diversos mandos policiais, as secretarias xerais do sindicato nacional e comarcal de CCOO en Galicia e Vigo respectivamente, así como responsables autonómicos e provinciais de AUGC, a secretaria xeral do SUP, Mónica Gracia, acompañada por outros membros da Comisión Executiva Nacional e doutras comunidades autónomas.

UNED Ourense

Comunicación

Carretera de Vigo Torres do Pino  s/n Baixo 32001 Ourense - . Tel. 988371444 info@ourense.uned.es