OURENSE, 31 de xaneiro de 2022.- Volve a UNED Ourense unha nova edición do Curso de Hixiene e manipulación de alimentos para industrias alimentarias, que se celebrará do 14 ao 23 de febreiro, en liña e en horario de 10.00 a 12.30 horas.
A Hixiene Alimentaria comprende todas as medidas necesarias para garantir a inocuidade sanitaria dos alimentos, mantendo á vez o resto de cualidades que lles son propias, con especial atención ao contido nutricional. A formación dos manipuladores de alimentos en materia de hixiene alimentaria, no sé é unha esixencia legal, senón que tamén é a principal ferramenta para a prevención das enfermidades transmitidas polos alimentos. A manipulación de alimentos influirá na salubridade e conservación dos mesmos xa que entramos en contacto directo ou indirecto con eles e podemos aportarlle substancias, microorganismos ou obxectos que podan provocar o seu deterioro cedo ou causar dano ao consumidor.
Este curso consta de 25 horas lectivas e da dereito a un crédito ECTS. O docente será Alejandro Alonso Álvarez, licenciado en Bioloxía, especialidade Biotecnoloxía, Técnico en Prevención de Riscos Laborais.
O programa é o seguinte:
Luns, 14 de febreiro
10:00-12:30 h. Coñecer o concepto contaminación e as principais enfermidades de orixe alimentaria.
Martes, 15 de febreiro
10:00-12:30 h. Coñecer as intoxicacións alimentarias e a correcta manipulación dos alimentos.
Mércores, 16 de febreiro
10:00-12:30 h. Coñecer os principais métodos de conservación e almacenamento dos alimentos.
Xoves, 17 de febreiro
10:00-12:30 h. Recoñecer os sistemas de etiquetaxe, así como os principales sistemas de trazabilidade.
Venres, 18 de febreiro
10:00-12:30 h. Saber os principais métodos de limpeza e desinfección, coñecer os sistemas de xestión de pragas e a xestión de lixo e residuos.
Luns, 21 de febreiro
10:00-12:30 h. Coñecer a elaboración dun Análise de perigos e puntos de control crítico (APPCC) e os seus principios básicos. Adquirir coñecementos básicos de lexislación e organismos reguladores.
Martes, 22 de febreiro
10:00-12:30 h. Realizar un APPCC con apoio do profesor. Cada alumno deberá entregar o seu APPCC para superar o curso.
Mércores, 23 de febreiro
10:00-12:30 h. Realizar un APPCC con apoio do profesor. Cada alumno deberá entregar o seu APPCC para superar o curso. Ao finalizar a sesión enviarase un test de 28 preguntas a contestar.
O límite de prazas para realizar este curso é de 30. A matrícula custa 35 euros, e se formaliza en liña.
Diriee o curso Rosa María Garcinuño Martínez, profesora titular e Directora do Departamento de Ciencias Analíticas da Facultade de Ciencias da UNED.
Vai dirixido a interesados en xeral que desexen acreditar e renovar a formación no eido da manipulación de alimentos.
Obxectivos
Ao finalizar a formación hai que realizar unha proba de avaliación. Esta proba enviarase ao docente. Tamén deberá entregarse un APPCC como parte da avaliación, sendo excluínte para a obtención do certificado a non entrega do mesmo (5 horas de formación non presencial a distancia).
Colabora o Concello de O Carballiño e imparte o Centro de estudos e aprendizaxe O Carballiño.
Obxectivos de Desenvolvemento Sostenible
Esta actividade impacta nos seguintes Obxectivos de Desenvolvemento Sostenible: 3, 6 e 12.
UNED Ourense
Comunicación