OURENSE, 19 de xuño de 2020.- A UNED participa no Proxecto de I+D+i “Desenvolvemento de Tecnoloxía aplicada a textos para o soporte de diagnose, prevención e xestión de institucións de SALUD” aprobado polo Ministerio de Ciencia e Innovacion. Un proxecto de desenvolvemento de aplicacións para o dominino médico no que tamén participan a Universidade do País Vasco e a Politécnica de Cataluña.
Lourdes Araujo, catedrática e directora do departamento de Linguaxes e Sistemas Informáticos da ETSI Informática da UNED e Juan Martínez Romo, profesor do mesmo departamento, son os investigadores principais do subproxecto da UNED, que baixo o título INDICA-MED: INformation DIscovery and CAtegorization based on language processing for the MEDical domain, se encargará desenvolver sistemas de análise do linguaxe natural para extraer patróns e información subxacente que podan axudar aos médicos.
Para desenvolver este proxecto, a UNED conta coa colaboración do Hospital Clínico San Carlos onde se abordará a detección de casos de risgo en psiquiatría, a Subdirección Xeral de Epidemioloxía da Consellería de Sanidade da Comunidade de Madrid para a caracterización de enfermidades raras e o Hospital Universitario Fundación Alcorcón na procura de códigos para a clasificación automática dos informes médicos.
O obxectivo xeral deste proxecto é a análise automática da multitude de informes de texto sobre saúde e asistencia sanitaria que hai en hospitais e sistemas de saúde pública, escritos por médicos ou enfermeiras, para mellorar a súa asistencia aos pacientes ofrecendo estratexias de diagnóstico e prevención, e mellorando o coste económico.
O subproxecto da Universidade do País Vasco é: PAT-MED: PATient characterization and MEDical document management through text-based technology e o da Universidade Politécnica de Cataluña: TADIA-MED: Medical Text Analysis for Disease Prediction Assistance.
Sonia Cubillo
Comunicación UNED