Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

Logran un método para detectar novas conexións entre a SIDA e outras enfermidades

9 de enero de 2023

Un estudo realizado pola UNED en colaboración con Instituto de Saúde Carlos III e a Cohorte da Rede de Investigación en SIDA (CoRIS) desenvolveron un método para axudar a identificar relacións entre enfermidades que adoitan presentarse asociadas ao VIH.

OURENSE, 9 de xaneiro de 2023. O traballo, Discovering HIV related information by means of association rules and machine learning, foi desenvolvido polos profesores da ETSI Informática da UNEDLourdes Araujo e Juan Martínez-Romo, (ambos nas imaxes) en colaboración co investigador do Instituto de Salúde Carlos III, Ricardo Sánchez de Madariaga, e a doutora do Hospital Doce de Octubro de Madrid, Otilia Bisbal.

A sida (Síndrome de Inmunodeficiencia Adquirida) segue sendo un dos principais problemas sanitarios en todo o mundo. Por iso é esencial seguir avanzando para mellorar o prognóstico e a calidade de vida dos pacientes afectados. Unha forma de avanzar por esta vía é descubrir conexións entre outros trastornos asociados ao VIH/sida, de modo que poidan preverse e posiblemente mitigarse.

 De feito, o VIH está asociado ao desenvolvemento dun gran número doutras enfermidades. Nalgúns casos, estas enfermidades poden ser máis ou menos leves e transitorias. Con todo, noutros casos, poden ser moi graves e duradeiras. É esencial coñecer as posibles relacións entre esta diversidade de enfermidades asociadas ao VIH, xa que un maior coñecemento das mesmas pode ser de gran axuda no seu diagnóstico e prevención. Mellorar o coñecemento das condicións en que se adoitan presentar estas enfermidades, e en que forma, axudará na toma de decisións sobre a súa prevención e tratamento.

O estudo realizouse sobre os datos da cohorte CORIS da rede española de Investigación no VIH/SIDA. Utilizando estes datos desenvolveuse un sistema de aprendizaxe automática que identifica relacións de alta probabilidade entre enfermidades asociadas ao VIH. Este sistema parte dunha pequena cantidade de datos anotados con relacións relevantes en enfermidades por un doutor experto en VIH. A partir deste pequeno conxunto o sistema é capaz de aprender patróns e ir identificando novas relacións automaticamente. O sistema foi capaz de extraer un bo número de relacións entre enfermidades relacionadas co VIH que foron detectadas previamente na literatura, pero que están dispersas e a miúdo son pouco coñecidas. Tamén identificou novas relacións plausibles que merecen ser investigadas máis a fondo por expertos médicos cualificados.

UNED Ourense

Comunicación

Carretera de Vigo Torres do Pino  s/n Baixo 32001 Ourense - . Tel. 988371444 info@ourense.uned.es