Mapa web
Youtube
Campus UNED

O Centro Asociado á UNED en Ourense estará pechado o venres, 24 de xaneiro, festa de Santo Tomás de Aquino

17 de enero de 2020

A Universidade celebrará o seu acto académico solemne o 23 para recibir como doctores honoris causa a Almudena Grandes e a Darío Villanueva

OURENSE, 17 de xaneiro de 2020.- O vindeiro venres, día 24 de xaneiro, debido á festividade de Santo Tomás de Aquino, patrón da Universidade, non haberá actividade académica durante a devandita xornada. Por tanto, o Centro Asociado á UNED en Ourense e a súa Aula Universitaria da Rúa permanecerán pechados.

A Universidade Nacional de Educación a Distancia celebrará ao seu santo patrón cun solemne acto académico que terá lugar o xoves, día 23, ás 11.00 horas, no salón de actos do edificio de Humanidades, na  Cidade Universitaria de Madrid. Nese acto académico procederase á investidura como doutores honoris causa de Almudena Grandes Hernández e Darío Villanueva Prieto. Tal investidura levará a cabo a proposta da Facultade de Filoloxía da UNED.  O padriño de Almudena Grandes será Julio Neira Jiménez, catedrático de Literatura Española e Teoría da Literatura na UNED, e o padriño de Darío Villanueva será José Romeu Castelo, catedrático de Literatura Española e Teoría da Literatura na UNED. Alí estará presente o equipo reitoral da UNED más os decanos, directores de centros asociados, profesores, profesores titores, estudantes e diversas autoridades educativas nacionais. Presidirá o reitor, Ricardo Mairal  Usón.

Carretera de Vigo Torres do Pino  s/n Baixo 32001 Ourense - . Tel. 988371444 info@ourense.uned.es