Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

Ímonos de vacacións 

1 de agosto de 2023

UNED Ourense e a súa Aula de Valdeorras pechan do 1 ao 31 de agosto.

OURENSE, 1 de agosto de 2023. As instalacións de UNED Ourense na capital da provincia e as da súa Aula de Extensión en A Rúa, comarca de Valdeorras, permanecerán pechadas durante todo o mes de agosto debido ás vacacións de todo o seu persoal. Durante todo o mes poderán seguir realizándose xestións administrativas na nosa Universidade mediante o portal uned.es

As oficinas de UNED Ourense volverán retomar o servizo habitual o venres día 1 de setembro, en Ourense, e o luns, día 4, en A Rúa.

Dado que do 4 ao 9 de setembro será semana de exames, se estás preparándote para esa convocatoria, desexámosche moito ánimo para facer ese último esforzo que che permitirá acadar o éxito en poucas semanas. ¡Feliz agosto para toda a nosa comunidade universitaria de UNED Ourense!

UNED Ourense

Comunicación

Carretera de Vigo Torres do Pino  s/n Baixo 32001 Ourense - . Tel. 988371444 info@ourense.uned.es