Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

Últimos días para a matrícula de Maiores de 40 anos na UNED

13 de abril de 2020

De camareiro a economista; de agricultora a química; de dependenta a criminóloga, de pescador a graduado en Ciencias Ambientais... ol gran paso cara o que queres ser. Acredita 10 anos de experiencia laboral e accede a un Grao compatible coa túa vida profesional 

OURENSE, 13 de abril de 2020.- A UNED mantén aberto o prazo de matrícula de Acceso á Universidade para Maiores de 40 anos por Acreditación de Experiencia Laboral e/ou Profesional ata o próximo 16 de abril de 2020. Este sistema de acceso a estudos de Grao está destinado a persoas que poidan demostrar polo menos 10 anos de experiencia laboral nalgún dos campos relacionados co título universitario ao que optan. Os interesados han de enviar os seus  curriculums ao equipo de valoración da UNED, vía  online, e someterse a unha entrevista persoal. Se tes ou cumprirías 40 anos antes do 31 de decembro deste ano, levas toda a vida exercendo profesionalmente en calquera área laboral e desexas que a túa experiencia se transorme  nun título universitario, pero non superaches a selectividade, a  PAU, non es Técnico Superior en FP ou similar, pero estás decidido a obter o título de Grao no que sempre soñaches, xa podes matricularte na UNED. Pero has de facelo antes do próximo 16 de abril.

Hai todo un equipo de valoración dedicado a recibir en liña a túa solicitude, a examinar o teu  curriculum, a aplicar un amplo e rigoroso sistema de  baremación e a avalar o teu salto aos estudos universitarios. Será o teu primeiro paso cara ao exercicio dunha profesión coa garantía do nivel máis alto de formación superior.

O prezo total da matrícula é de 144,43 €, pero hai varias excepcións, como por ser familia numerosa, ter unha discapacidade do 33% ou superior e ser vítimas do terrorismo.

 O que son e o que quero ser

 Os criterios de valoración establecidos pola UNED abarcan unha ampla gama de relación entre as áreas de traballo e experiencia laboral e profesional coas ramas de coñecemento, de maneira que, cumprindo os requisitos, achegando os xustificantes esixidos e superando a entrevista persoal, facilítase a todo o mundo o acceso aos estudos de Grao que desexan. Hai estudos de fácil acceso, como o Grao en Filosofía, no que pode matricularse calquera persoa que o desexe; e traballos como administrativo ou xestor dunha empresa ou animador sociocultural, que dan acceso a case todos os estudos de Humanidades e Ciencias Sociais.

Tamén hai outros tan alentadores como específicos: un agricultor, deportista, fontaneiro ou pescador, poden acceder ao Grao en Ciencias Ambientais; unha ou un electricista, mineiro, soldador, modisto,  peletero ou cociñeiro, a Química; o albanel a Historia da arte; o camareiro a ADE, Economía, Educación Social, Turismo, Xeografía e Historia, Lingua española e inglesa, ou Historia da arte. Esta última, Historia da arte, moi versátil e de acceso para administradores, e xestores, traballadores de Artes Gráficas e de servizos á sociedade, artesáns, ceramistas, hostaleiros... O sanitario pode  graduarse como químico ou traballador social e o informático en Ciencia Política e da Administración. Poden estudar Dereito ou  Criminología os comerciais e empregados de empresas de seguridade pública e privada, e de medio ambiente, que, ademais, dispoñen dun amplo catálogo de opcións de Grao en Ciencias Sociais.

 Os documentos requiridos para formalizar o teu matricula, que has de enviar  online, antes do próximo día 16 de abril, son:

• DNI ou Documento de identificación de estranxeiros ou pasaporte (só para aquelas persoas que non teñan DNI español)

• Certificado de vida laboral, expedido pola administración competente

• Currículo segundo o modelo que se atopa na aplicación informática na seguinte ligazón

• Se se acolle a redución de taxas, a documentación que acredite o dereito á redución (título de familia numerosa, discapacidade, vítimas do terrorismo, etc.)

• Certificados de empresas ou entidades con detalle da actividade desenvolvida e período de tempo

• Certificados de cursos de formación, relacionados co grao ao que se quere optar

• Acreditación de estudos oficiais obtidos e de coñecemento de idiomas 

Matricúlate agora    

Carretera de Vigo Torres do Pino  s/n Baixo 32001 Ourense - . Tel. 988371444 info@ourense.uned.es