Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

Matricúlate nas Xornadas de Antonio Palacios para obter o teu diploma UNED e 0,5 créditos ECTS

27 de septiembre de 2021

A matrícula permite seguir os relatorios en liña. Quenes opten por ir ao Centro Cultural Marcos Valcárcel presencialmente accederán ao salón de actos ata completar aforo, de acordo coas correspondentes medidas sanitarias.

OURENSE, 27 de setembro de 2021.-UNED Ourense celebrará unhas xornadas sobre o legado do arquitecto Antonio Palacios Ramilo (O Porriño, 1974-Madrid, 1945), cuxo prazo de matrícula continúa aberto. Estas xornadas terán lugar a semana que vén, do 4 ao 8 de outubro no salón de actos do Centro Cultural Marcos Valcárcel da Deputación de Ourense. Ao Centro Cultural poderá asistir quen o desexe, a completar aforo, para seguir presencialmente os relatorio. Nembargantes, para obter o certificado de asistencia expedido pola UNED así como 0,5 créditos ECTS que concede a Facultade de Historia da UNED, é necesario matricularse no enlace que aparece máis abaixo. A matrícula permitirá obter tamén o enlace para seguir as sesións ben en directo ou en diferido, mediante INTECCA. 

Estas xornadas supoñen 10 horas lectivas e o programa a desenvolver en Ourense será o seguinte:

O luns, 4 de outubro, ás 19.00 horas, intervirá José Luís Varela Alén, arquitecto pola Escola Técnica Superior de Arquitectura da Coruña da UDC (1994). Doutor en Arquitectura pola UDC, membro do grupo de investigación da UDC, Paisaxe, arquitectura e cidade (pARQc). A súa conferencia titúlase: A perpetua trasfega palaciana: O Porriño, Vigo e contorna

O martes, 5 de outubro, á mesma hora, intervirá Antonio Perla de las Parras, profesor contratado doutor da UNED, en Historia da arte (Técnicas e Medios Artísticos e Historia da arte da Baixa Idade Media). O seu tema será: Desde Madrid, a obra de Antonio Palacios

O mércores, 6 de outubro, intenvendrá Jesús Manuel García Díaz, doutor en Historia pola Uvigo, licenciado en CC. da Información pola Universidade Complutense de Madrid e director de UNED Ourense. O seu tema para tratar é: Antonio Palacios, de Celanova á Catedral de Ourense.

xoves, 7 de outubro, as xornadas terán carácter novamente ourensán coa participación de Felipe Senén López Gómez, licenciado en Historia da Arte pola Universidade de Santiago. Arqueólogo museólogo, xubilado da Deputación da Coruña (1997-2014) e anteriormente no Museo Arqueolóxico da Coruña (1974-1997). Disertará sobre A Veracruz do Carballiño na arquitectura de Antonio Palacios: Historia, teoría e simbolismo.

A xornada do venres, 8 de outubro, incluirá dous relatorios. O primeiro comezará ás 17.30, coa intervención de Jesús Ángel Sánchez García, catedrático de Historia da arte na Universidade de Santiago de Compostela e comisario da exposición Antonio Palacios: Soños de modernidade. Compromiso con Galicia, que se celebrará en setembro no Museo do Mar en Vigo. O seu relatorio para as xornadas de UNED Ourense titúlase: Antonio Palacios e os proxectos de reformas urbanas: do plan de Vigo á Rúa Galicia de Santiago de Compostela. Tras esta primeira intervención, ás 19.00 horas haberá unha segunda, a cargo de Álvaro Bonet López, arquitecto e vicepresidente da asociación Madrid Ciudadanía y Patrimonio. Bonet está a realizar a súa tese de doutoramento centrada na obra de Palacios, especialmente os seus proxectos industriais. Tamén estudou os debuxos do arquitecto homenaxeado de modo que en Ourense falará sobre Antonio Palacios debuxante.

Estas xornadas están dirixidas polo doutor Antonio Perla de las Parras e coordinadas polo director do Centro Asociado á UNED en Ourense, doutor Jesús Manuel García Díaz. Precisamente débense a García Díaz, que as promoveu desde Ourense para complementar dalgunha maneira a exposición que a Xunta promove en Vigo, tamén para outubro. E contan cun selecto grupo de expertos na obra palaciana. Van dirixidas a estudantes de grao e posgrao, arquitectos, deseñadores industriais, historiadores, enxeñeiros, titulados en turismo, sociólogos e especialistas doutras disciplinas pertinentes ou relativos ás temáticas das xornadas e interesados en xeral en coñecer a obra de Antonio Palacios.

As persoas que queiran seguir as xornadas en liña, obter o crédito ECTS e o diploma da UNED, deberán matricularse na seguinte ligazón.

UNED Ourense

Comunicación

Carretera de Vigo Torres do Pino  s/n Baixo 32001 Ourense - . Tel. 988371444 info@ourense.uned.es