Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

Mestrado universitario en Industria Conectada

14 de junio de 2023

A UNED ofréceche esta formación avanzada para especializarte en tecnoloxías 4.0, Internet das Cousas, Ciberseguridade e Robótica, entre outras.

OURENSE, 14 de xuño de 2023. A UNED ofrece o Mestrado en Industria Conectada, desde a Escola Técnica Superior de Enxeñeiros Industriais. Este mestrado encadrase dentro del ámbito do coñecemento: Enxeñeiría eléctrica, enxeñeiría electrónica e eneñeiría da telecomunicación. 

O obxectivo do Mestrado en Industria Conectada é ofrecer unha formación avanzada nas tecnoloxías habilitadoras da Industria 4.0, orientada á creación dun nivel de especialización que contribúa á formación de profesionais no desenvolvemento de sistemas tecnolóxicos avanzados que permitan mellorar a produtividade industrial mediante as novas tecnologías. O Título pretende desenvolver a comprensión sistemática dos principais temas vencellados a área nun contexto metodolóxico especializado, aplicando para elo métodos e tecnologías innovadoras. 

Esta titulación cubre os principais pilares identificados como fundamentais para a Cuarta Revolución Industrial, tamén coñecida como Industria 4.0: Internet das Cousas, Big Data, Simulación, Fabricación aditiva, Ciberseguridade, Computación na nube, Sistemas ciberfísicos, Robótica e Realidade aumentada. 

A súa estrutura é a seguinte:

Módulo 1. 

MODULO XERAL DE FORMACIÓN EN INDUSTRIA CONECTADA. MATERIAS COMÚNS OBRIGATORIAS (25 ECTS):

  1. Sistemas dixitais para a Internet das Cousas (1 C) (5 ECTS).
  2. Comunicacións industriais (1 C) (5 ECTS).
  3. Computación na nube en entornos industriais (1 C) (5 ECTS).
  4. Metodoloxía de investigación en Industria Conectada (2 C) (5 ECTS)
  5. Comunicacións Inalámbricas e Protocolos para a Internet das Cousas (2 C) (5 ECTS)

Módulo 2. 

MODULO DE ESPECIALIZACIÓN EN INDUSTRIA CONECTADA. OPTATIVAS (Oferta 15 materias), 25 ECTS:

  • Sistemas de percepción (1 C) (5 ECTS).
  • Procesamento e control en tempo real (1C) (5 ECTS).
  • Plataformas para procesamento de datos masivos (1 C) (5 ECTS).
  • Fundamentos matemáticos para a analítica de datos (1 C) (5 ECTS).
  • Transformación dixital (1 C) (5 ECTS).
  • Tecnoloxías avanzadas de fabricación (1 C) (5 ECTS).
  • Intelixencia artificial na Enxeñería (1 C) (5 ECTS).
  • Simulación de procesos industriais conectados (2 C) (5 ECTS).
  • Robótica para a Industria Conectada (2 C) (5 ECTS).
  • Ciberseguridade en Industria Conectada (2 C) (5 ECTS).
  • Técnicas de aprendizaxe profundo na industria (2 C) (5 ECTS).
  • Visualización e xestión de datos (2 C) (5 ECTS).
  • Fabricación aditiva en Industria Conectada (2 C) (5 ECTS).
  • Desenvolvemento web e aplicacións móbiles para entornos industriais (2 C) (5 ECTS).
  • Sistemas e compoñentes mecánicos para a Industria Conectada (2 C) (5 ECTS).

Módulo 3.

TRABALLO DE FIN DE MESTRADO (10 ECTS).

Os créditos distribúense do seguinte modo:

En materias obrigatorias ofértanse 25 créditos que debe cursar o estudante. En materias optativas, das 15 que se ofertan hai que elixir 5. Aquí ofértanse 75 créditos pero hai que cursar 25. Todo esto engadido aos 10 créditos do Traballo Fin de Mestrado suman 60 créditos a cursar polo estudante do total de 110 créditos ofertados.

Máis información sobre este mestrado aquí.

UNED Ourense

Comunicación

Carretera de Vigo Torres do Pino  s/n Baixo 32001 Ourense - . Tel. 988371444 info@ourense.uned.es