Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

Tres días en ensaio para 108 músicos mozos e... sorpresa absoluta no concerto de UNED Senior Ourense!

28 de junio de 2023

O Teatro Principal de Ourense acolleu un espectáculo musical co gallo do remate do curso académico dos estudantes más veteranos. Aplausos atronadores para agradecer cada composición maxistralmente interpretada por unha canteira de músicos cun futuro esperanzador.

OURENSE, 29 de xuño de 2023. Pongámonos en situación. Un total de 108 músicos, de idades comprendidas entre os 7 e 18 anos, e todos de fóra da cidade de Ourense e mesmo unha boa parte deles, do sur da provincia de Pontevedra. Son os mozos do curso de verán que lles organizou a Escola Galega de Dirección de Bandas, baixo o paraugas da Agrupación Musical da Limia. Todos estes mozos, que tiñan unha cita na clausura do curso da UNED Senior en Ourense, tiveron que reunirse durante tres días, é dicir, desde o pasado luns ata a mañá do mércores 29 de xuño, na Residencia de Tempo Libre do Carballiño. O obxectivo non era outro que ensaiar o concerto desta tarde. "Organizámolo como unha actividade didáctica", sinala o director da Agrupación Musical da Limia, José Luis Tielas. E así prepararon o espectáculo que ofreceron en Ourense, no Teatro Principal, durante algo máis dunha hora que soubo a pouco. O escenario estaba repleto de cadeiras ben colocadas para recibir aos mozos en dous grupos. Primeiro actuaron os de 7 a 11 anos. Brillaron por si mesmos. Os catro temas interpretados (Mateu, de Azael Tormo; Hey Jude, arranxos de J. Bockok; Chu chu cha cha, de Watten Barker e Por qué te vas, de Jeanette) fixeron vibrar ao público. Os músicos demostraron o seu bo facer e a través dese actuar descóbrese o ben que se lles fai ensinándolles a perfeccionarse en música. Os aplausos non puideron ser máis sonoros. Bordaron os catro temas.

Actuación dos músicos máis mozos que protagonizaron a primeira parte do concierto para a UNED Sénior de Ourense.

E o mesmo sucedeu co segundo grupo, o de mozos entre 12 e 18 anos, apoiados por outros intérpretes adultos. Emocionaron ao público con Jacobsland, de Álvaro Cámara; Mountain Moments, de Luís Carlos Neves Serra; Choiva de rosas, de Jesús Antonio Ramón Gil; Eighties Flasback, de Paul Murtha, e Eurovisión, con arranxos de Azael Tormo. O son era impresionante con composicións complexas que derivaron nun concerto ao bordo do sublime. Enerxía e cor para unha velada fermosa no Teatro Principal.

Concepción Álvarez detallou o programa de materias para o curso 2023-2024 que volverá desenvolverse no Centro Cultural Marcos Valcárcel.

A coordinadora de UNED Senior, María Concepción Álvarez Gómez, díxolles que é "unha honra estar aquí, rodeada de tantas persoas apaixonadas polo coñecemento e comprometidas coa aprendizaxe ao longo de toda a vida. A UNED Senior brindounos unha oportunidade única de continuar a nosa educación máis aló das etapas convencionais. Aquí atopamos un espazo de crecemento persoal e académico, onde descubrimos novas paixóns e ampliamos o noso entendemento do mundo que nos rodea. Ao longo dos cursos, tivemos o privilexio de contar cun equipo de profesores excepcionais que compartiron connosco a súa sabedoría e experiencia. A súa dedicación e compromiso foron fundamentais para o noso crecemento intelectual. A eles, queremos expresar o noso máis sinceiro agradecemento polo seu incansable labor".

Aos estudantes agradeceulles a súa "entusiasta participación, un ano máis, e as ansias de saber que contaxian a todo o equipo que formamos a UNED Senior e que nos esixen cada vez máis para poder cumprir coas vosas expectativas". Neste curso que agora finaliza, dixo a coordinadora, "salientamos tamén as excursións e saídas que realizachedes por diversas zonas da cidade de Ourense (visita á Estación de As Coiñas, ao Centro Tecnolóxico de COREN, ao claustro gótico de San Francisco e diversos roteiros pola cidade antiga e os seus arredores…)". 

Álvarez Gómez informou que no próximo curso impartiranse as seguintes materias: 

  • No primeiro cuadrimestre impartiranse, os luns, Introdución ao cinema con Simone Gerolamo Saibene, ás 16.30 horas e Erase unha vez a vida; a célula, unidade básica de vida, con Fabio Tabarés Santalices, ás 18:30 horas. Os xoves impartirase A arte da Antigüedade, con Ángel Domínguez López, ás 16:30 horas, e Filosofía española; autores e correntes, co docente Miguel Guerra Rodríguez, ás 18:30 horas.
  • No segundo cuadrimestre ,os luns, ás 16:30 horas daranse Galicia en imaxes, coa docente Begoña Cádiz Rilo e ás 18:30 horas, Arte española: do neoclasicismo á contemporaneidade con Ángel Domínguez López. E os xoves, ás 16:30 horas, Dereito de consumo ao alcance de todos, a cargo de Alejandra Fernández González, e ás 18:30 horas, Ourense; Arquitectura e camiño a nosa razón de ser con César Pichel Rodríguez

Ditas materias seguirán impartíndose no Centro Cultural Marcos Valcárcel. E próximamente publicarase na web de UNED Ourense o horario coas materias e docentes. As inscricións no devandito programa realizaranse a principios de setembro.

Jesús Manuel García, comunicou a súa felicidade por ter a todos os estudantes Senior "entre nós" e salientou o interese que mostran cos sues profesores titores.

O director de UNED Ourense, Jesús Manuel García Díaz, díxolles que "levamos xa oito anos con esta feliz aventura da universidade para maiores de 55 anos. Desde aquel curso 2015-16 en que nacía na nosa cidade este modo de aprendizaxe sen exames e sobre materias de interese. Douvos as grazas por elixir vir á UNED, por escoller esta iniciativa de persoas maiores en Ourense. E comunícovos a miña felicidade por tervos entre nós. Porque é un gusto grande ver o interese que mostrades cos vosos profesores titores e non menos gusto é comprobar como estes últimos preparan cada unha das sesións para vós". García Díaz engadiu unha serie de agradecementos: "á Deputación de Ourense por ese xesto que tivo desde o principio, de axudar a cada ourensán para pagar o 50% da matrícula. Tamén lle agradecemos os locais que nos deixa no Centro Cultural Marcos Valcárcel. Un agradecemento non menor igualmente para o Teatro Principal, que nos acolle esta tarde. E moitas grazas aos novos intérpretes que nos van a deleitar neste acto".

Nun dos palcos colocaáronse os músicos de menor idade mentras actuaban os seus compañeros. Uns e outros protagonizaron un concerto que estivo á altura.

"Estamos nunha sección moi agradecida que se enmarca na universidade pública máis grande de España, a UNED, cos seus 30 graos, 80 másteres, 21 programas de doutoramento, 16 idiomas; 155 cursos de verán e 800 cursos de formación permanente. A Dirección de UNED Ourense está orgullosa de vós, do voso interese, traballo, ilusión; de que o pasedes ben durante o curso, coas vosas lecturas, clases, relacións de amizade…que á fin e ao cabo é a vida cun chisco de felicidade. Así, pois, grazas, parabén polo voso traballo e chega o momento de gozar coa música", sinalou o director. 

Nun dos palcos colocáronse os músicos de menor idade mentras actuaban os seus compañeiros. Uns e outros protagonizaron un concerto que estivo á altura.

Cos seus tres directores no centro, os músicos encheron o escenario ao final para facerse a foto conxunta como recordo dunha tarde singular en Ourense.

O concerto tivo tres directores: José Luis Tielas, que dirixe a Agrupación Musical da Limia; Claudio Clemente, que é director da Banda Tenorio, de Cerdedo-Cotobade e David Trastoy, que dirixe a Banda de Rubiós e Porriño. O espectáculo visto en Ourense fraguouse en apenas tres días de ensaios. Hai nivel e ganas de gozar coa música. Tielas agradeceu a organización deste evento por parte de UNED Ourense á vez que chamou a atención dos presentes para pedir máis apoio ás bandas de música. O director de UNED Ourense agradeceulle esta disposición para tocar en clausúraa da Senior e, ademais, UNED Ourense ten un firme compromiso con este tipo de agrupacións, proba diso son as edicións que se celebran cada ano na Limia co Curso Internacional de Dirección de Bandas de Música, que é unha referencia en España. Ao que se engaden estes concertos de fin de curso para a UNED Senior, o do ano pasado e o deste xuño. Ambos os dous foron excepcionais.

Con este concerto (na imaxe os músicos de máis idade) e unha visita previa á exposición que sobre Pablo Picasso se está celebrando na Coruña, os estudantes de UNED Senior Ourense inician o seu descanso.

UNED Ourense

Comunicación

Carretera de Vigo Torres do Pino  s/n Baixo 32001 Ourense - . Tel. 988371444 info@ourense.uned.es