Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

A UNED e DCA acordan traballar conxuntamente para apoiar á asociación ourensá 

13 de noviembre de 2023

Mediante a Facultade de Psicoloxía, a UNED brindará apoio científico ao centro de Dano Cerebral Adquirido na cidade de As Burgas

OURENSE, 13 de novembro de 2023. O decano da Facultade de Psicoloxía da UNED, Alejandro Higuera Matas, a vicedecana de Investigación, Nuria del Olmo Izquierdo e o director de UNED Ourense, Jesús Manuel García Díaz, mantiveron un encontro coa directora da organización de Dano Cerebral Adquirido, Noelia Luque Gómez. e co xerente, Pablo Martínez Rodríguez. Esta reunión segue á celebrada semanas atrás entre García Díaz e os directivos da organización social. Nesta cita se viuse por ambas as dúas partes que o traballo que desenvolve DCA en Ourense pode ter un impulso importante a través da UNED, desde os profesionais da súa Facultade de Psicoloxía. No plantel de necesidades que ten DCA unha boa parte delas pode ter desenvolvemento coa colaboración da Universidade.

Os responsables de DCA amosaron á delegación universitaria aquelas iniciativas máis urxentes para apoialos no bó desenvolvemento do traballo que con acerto levan a cabo na súa sede. 

Baralláronse posibilidades de formación, investigación, prácticas, entre outras. As perspectivas son positivas de xeito que ambas as dúas partes puxéronse en marcha e xa están traballando conxuntamente para, nos próximos meses, poder ofrecer esa colaboración que DCA buscou na Facultade de Psicoloxía da UNED na que hai expertos que traballan e investigan na área do dano cerebral adquirido.

"Teño que decir que haberá unha colaboración importante da UNED coa organización DCA da nosa cidade e provincia. A Universidade aposta por este colectivo. É marabilloso ver como os cidadaáns que aquí veñen por primeira vez, evolucionan de maneira positiva ao cabo do tempo. Non só é marabilloso, tamén emocionante. E saber que a UNED pode botar unha man co seu rigor científico e o seu coñecemento a estas persoas, resulta magnífico, gratificante. Este é outro paso que demostra a importancia da UNED na nosa provincia", dixo Jesús Manuel García Díaz. 

UNED Ourense

Comunicación

Carretera de Vigo Torres do Pino  s/n Baixo 32001 Ourense - . Tel. 988371444 info@ourense.uned.es