Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

A UNED Sénior clausura o curso cun concerto no Teatro Principal de Ourense

20 de junio de 2023

Será o día 28 de xuño, a partires das 19.00 horas, coa actuación dos integrantes do Campamento da Escola Galega de Dirección de Bandas. Poderán seguilo gratuitamente cantas persoas queiran, ata completar aforo.

OURENSE, 20 de xuño de 2023. O vindeiro día 28, mércores, celebrarse o acto de clausura do curso da UNED Sénior no Teatro principal de Ourense. Comezará ás 19.00 horas e contara cun concerto a cargo dos membros do Campamento da Escola Galega de Dirección de Bandas. Antes da parte lúdica do acto, intervirán a coordinadora de UNED Senior Ourense, Concepción Álvarez Gómez e o director de UNED Ourense, Jesús Manuel García Díaz. A este acto no só os membros de UNED Sénior, poderán asistir senón cantas persoas queiran. Preparáronse tarxetas de convite que serán entregadas á entrada, ata completar aforo. Será unha velada doada como xa resultou na edición do curso anterior, e moi agradecida polos estudantes Sénior de UNED Ourense.

O concerto divídese en dúas partes. Na primeira actuarán nenos de 7 a 11 anos. Interpretarán os seguintes temas: Mateu, de Azael Tormo; Hey Jude, arranxos de J. Bockok; Chu chu cha cha, de Watten Barker e Por que te vas, de Jeanette. Na segunda parte, tocarán mozos de 12 a 18 anos. Interpretarán as seguintes composicións: Jacobsland, de Álvaro Cámara; Mountain Moments, de Luis Carlos Neves Serra; Choiva de rosas, de Jesús Antonio Ramón Gil; Eighties Flasback, de Paul Murtha e Eurovisión, con arranxos de Azael Tormo.

Xunto a este concerto, a clausura do curso de UNED Sénior inclúe unha excursión cultural destes estudantes á cidade de A Coruña para visitar a exposición Picasso, branco no recordo azul, no Museo de Belas Artes.

UNED Ourense

Comunicación

Carretera de Vigo Torres do Pino  s/n Baixo 32001 Ourense - . Tel. 988371444 info@ourense.uned.es