Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

A UNED inaugurará o Curso cun solemne acto académico o vindeiro luns, 2 de outubro, en Madrid

29 de septiembre de 2023

Presidirán a celebración o reitor, Ricardo Mairal Usón, e o ministro de Universidades en funcións, Joan Subirats Humet. A lección maxistral vaina impartir o catedrático Ángel Gómez Jiménez. A sesión comezará ás 11.00 horas e poderase seguir en directo.

OURENSE, 29 de setembro de 2023. O vindeiro luns, día 2 de outubro, no salón de actos “Emilio Lledó” do edificio de Humanidades, en Madrid, terá lugar o solemne acto de celebración da Apertura do Curso 2023–2024 da UNED. Presidirán o reitor da UNED, Ricardo Mairal Usón, o ministro de Universidades en funcións, Joan Subirats Humet, a representante do Consello Social, Sara Harmon, a vicerreitora segunda, Laura Alba e a secretaria xeral, Elena Maculan.

Impartirá a lección inaugural o doutor Ángel Gómez Jiménez, catedrático de Psicoloxía Social e das Organizacións, da Facultade de Psicoloxía da UNED. O relator é doutor en Psicoloxía Social desde 1998 pola UNED. Os seus estudos de Psicoloxía realizounos na Faculté de Psychologie et des Sciences de l’Education, Ginebra, Suiza e na Universidade Complutense de Madrid. A súa actividade investigadora ten dúas liñas:

  • Prevenir a radicalización violenta e favorecer o desenganche. Realizou traballo de campo e en liña con individuos en risco de radicalización, radicais (por exemplo, terroristas, bandas latinas, crime organizado), e ex terroristas. Actualmente é IP de unha ERC Advanced Grant (European Research Council).
  • Predictores e mecanismos mediadores da disposición ao auto-sacrificio por un grupo, por outro individuo, ou por uns valores. Obtivo máis dunha ducia de proxectos do Ministerio e contratos internacionais grazas aos que co-orixinou teorías (por exemplo, fusión de identidade, valores sagrados, modelo do actor devoto) para tal fin.
 

UNED Ourense estará representada institucionalmente neste importante acto solemne polo seu director, Jesús Manuel García Díaz.

A apertura do acto emitirase en directo en CanalUNED 

UNED Ourense

Comunicación

Carretera de Vigo Torres do Pino  s/n Baixo 32001 Ourense - . Tel. 988371444 info@ourense.uned.es