Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

A UNED enviou a cada estudante o manual que lles permitirá familiarizarse coa aplicación de exames en liña

21 de mayo de 2020

Do 25 de maio ao 12 de xuño poderán acceder a AvEx en modo demostración para adquirir máis confianza na súa utilización

OURENSE, 21 de maio de 2020.- Os estudantes da Universidade Nacional de Educación a Distancia poderán, a partires do 25 de maio e ata o 12 de xuño, acceder á aplicación Aula Virtual de Exames (AvEx) en modo demostración para que se familiaricen con ela e adquiran confianza no seu uso. A secretaria xeral da UNED, Rebeca de Juan Díaz, dirixiuse a todos os estudantes para convidalos a que "entredes e practiquedes". 

Como se sinala no documento Información para o estudantado sobre o sistema de evaluación 2020 é obrigatorio obter un código de acceso para a realización dos exames finais en liña na aplicación AvEx. O devandito código xa é posible conseguilo. Para facelo, os estudantes teñen que entrar na aplicación AvEx pinchando en www.unedenlinea.es e seguir as instruccións que se detallan nos seguintes recursos que foron deseñados específicamente para eles e que xa teñen ao seu dispor:  AvEx Manual para estudantes ou no video tutorial AvEx Estudantes. Este código de acceso solicitaráselles cada vez que vaian facer un exame na aplicación AvEx. No caso de que se lles esquecera, teñen a posibilidade de recuperalo na aplicación. Deberían obtelo antes do inicio dos exames finais en liña que comezan o 15 de xuño. ¡Moito ánimo a todos co estudo!

                                                                                

UNED Ourense

Comunicación

Carretera de Vigo Torres do Pino  s/n Baixo 32001 Ourense - . Tel. 988371444 info@ourense.uned.es