Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

A UNED abre o período de admisión para estudar Graos ou Graos Combinados

15 de junio de 2023

Desde hoxe ata o 23 de outubro pódense facer as xestións previas antes de formalizar a matrícula, que permita acceder a calquera das 30 carreiras que ofrece a nosa Universidade.

OURENSE, 15 de xuño de 2023. Desde o 15 de xuño e ata o 23 de outubro queda aberto prazo de Admisión para estudar algún dos nosos Graos ou Graos Combinados. Na UNED non hai límite de prazas nin nota de corte, pero a Admisión serve para solicitar o traslado de expediente ou a simultaneidade destes estudos desde outra universidade española antes de proceder á matriculación.

Este proceso de Admisión, previo á matriculación, deben facelo aquelas persoas que desexan estudar un Grao na UNED e acaban de facer a EBAU (ou fixeron a antiga Selectividade), quenes superaran a Proba de Acceso á Universidade para Maiores de 25 ou 45 anos noutra universidade distinta á UNED ou aqueles estudantes que veñen de outra universidade española, ben sexa para continuar os seus estudos na UNED ou para simultanealos cun dos nosos Graos. 

UNED Ourense

Comunicación

Carretera de Vigo Torres do Pino  s/n Baixo 32001 Ourense - . Tel. 988371444 info@ourense.uned.es