Mapa web
Youtube
Campus UNED

A revolución científica chinesa, a debate na UNED

9 de mayo de 2022

O día 12 de maio emitiranse as Xornadas China-España, ás 10.30 horas, desde CanalUNED , dentro do programa de internacionalización que desenvolve a Universidade, despois de celebrarse outras xornadas internacionais desde Ourense.

OURENSE, 9 de maio de 2022. Despois da celebración das Xornadas Internacionais de UNED Ourense, que estiveron dedicadas aos destilados de Galicia, México e Perú, a UNED prepara outra nova entrega, esta vez cunhas xornadas China-España tituladas Revolución científica no xigante asiático. Vanse celebrar o 12 de maio, ás 10.30 horas emitíndose desde a Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da nosa Universidade. O discurso de apertura farao Eduardo Aznar, Cónsul Xeral de España en Cantón. 

Contarase coa intervención de tres relatores: o doutor Álvaro Castells, investigador asociado de Arquitectutra Nuclear e estrutura da Cromatina no Bioland Laboratory, en Guangzhou. A súa investigación céntrase no estudo da estrutura nuclear en células humanas. Para elo, emprega Microscopía de Super Resolución, que permite resolver “Higher Order Chromatin Structure”. Con gran experiencia no eido da divulgación científica tamén mantén e fomenta colaboracións científicas entre China e España. Outro relator será o doutor Pedro Laborda, presidente de RICE, Red de Investigadores China España, catedrático e investigador principal de Biocontrol de enfermidades de prantas, na Universidad de Nantong (provincia de Jiangsu). A rede que preside abrangue a actividade de investigadores hispano falantes en China. O seu grupo de investigación conta con 45 persoas, e participa en varios programas científicos de China como o Trasvase de Auga Sur-Norte ou a produción de espárragos no delta do río Yangtzé.   

Tamén participará o doutor Ahimsa Campos, profesor e investigador principal no Southeast Asia Biodiversity Research Institute and Center for Integrative Conservation pertencente ao Xishuangbanna Tropical Botanical Garden e asociado á Academia das Ciencias China. A súa investigación céntrase na ecoloxía e políticas de conservación da megafauna asiática, incidindo nas interaccións entre humanos e fauna silvestre.   

A do12 de maio é a segunda etapa desta xornada internacional, pois a primeira tivo lugar o 27 de abril, dedicada a emprender en China, desafíos e oportunidades. Naquel entón participaron Javier Torá, fundador e presidente de Elegant Supreme Grupo, un conglomerado que da emprego a 1300 persoas en 4 países, manufactura e subministra ás principais marcas de moda do mundo. OPM (Owner President Management Program) en Harvard Business School; Membro da Directiva de Benessene Capital; Membro do Clube Life Changing School; Co-fundador do CEEC (Clube de Empresarios Españois en Cantón) e Fundador de Juntos, incubadora de negocios e espazo de co-working multi-funcional. Distinguido coa Cruz de Oficial da Orde de Isabel a Católica (Ministerio de Asuntos Exteriores);  O segundo relator foi  Owen Wang, director de Cole & Wright e promocionando inversión chinesa no estraneiro. É MBA pola IESIDE Business School, licenciado pola University of Manchester, Zhejiang University e Universidade de Vigo. Tamén participou Maite Irízar ,directora xeral de TIBA China & Hong Kong. licenciada en Administración e Dirección de Empresas en Alemaña e Mestrado en Xestión Internacional. Profesional do Supply Chain desde fai máis de 14 anos, ocupou postos de dirección en España e en Hong Kong nos sectores loxístico e farmacéutico. Actualmente é directora xeral en TIBA China & Hong Kong, multinacional española fundada en 1975. Líder no sector loxístico con presenza en 20 países, conta cunha rede de 7 localizacións no xigante asiático. 

 

Esta xornada internacional poderá ser seguida mediante Canal UNED desde a  seguinte ligazón.

UNED Ourense

Comunicación

Carretera de Vigo Torres do Pino  s/n Baixo 32001 Ourense - . Tel. 988371444 info@ourense.uned.es