Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

A Xunta Reitora felicita á Dirección de UNED Ourense pola xestión doutro ano positivo 

12 de diciembre de 2023

As institucións do Consorcio aprobaron por unanimidade o orzamento do centro universitario e a Memoria académica, que da conta do dinamismo da nosa Universidade en Ourense.

OURENSE, 12 de decembro de 2023. A Xunta Reitora do Consorcio do Centro Universitario Asociado á UNED en Ourense, aprobou o seu orzamento para o curso académico 2023-2024, que está perto ao 

millón de euros. A sesión estivo presidida polo vicepresidente segundo da Deputación de Ourense, César Manuel Fernández Gil, quen puxo en valor o traballo que realiza o equipo directivo de UNED Ourense, que logrou superar neste curso o milleiro de estudantes.  Nesta sesión tamén participaron a vicerreitora primeira da UNED e vicerreitora de Investigación, Transferencia e Divulgación, Rosa María Martín Aranda; o director de UNED Ourense, Jesús Manuel García Díaz; o tenente de alcalde do Concello de Ourense, Armando Ojea Bouzo; o administrador de UNED Ourense, Gonzalo Alonso  Álvarez; o representante de titores e coordinador académico, Julio Prada Rodríguez; a secretaria, María Concepción Álvarez Gómez, e o secretario xeral de Universidades, José Alberto Díez de Castro.

Nesta Reitora quedou aprobada igualmente a Memoria do curso 2022-2023, que reflicte o dinamismo de UNED Ourense en todos os eidos.

A orde do día contiña outros asuntos propios do día a día administrativo do Centro Asociado, e todos foron aprobados por unanimidade.

Con esta convocatoria péchase un ano “moi positivo” para esta institución universitaria, segundo valorou o vicepresidente, agradecendo o traballo que realiza a comunidade educativa da UNED na provincia de Ourense.

César Fernández salientou, na súa propia experiencia como estudante da UNED, a importancia que ten para a sociedade contar cunha “formación plural, aberta e de calidade para que as persoas poidan estudar sen as facilidades da formación presencial” e que aposta por potenciar a súa presenza en toda a provincia como é o caso da súa sede en Valdeorras, “que permite achegar a Universidade á sociedade”.

A vicerreitora Primeira e vicerreitora de Investigación, Transferencia e Divulgación, Rosa María Martín agradeceu o traballo que se desenvolve en UNED Ourense e felicitou á Xunta Reitora polo seu apoio incondicional á labor da Universidade pública máis grande de España en Ourense". O director de UNED Ourense, Jesús Manuel García, amosou o agradecemento "que nunca é dabondo a todas as institucións que, reunidas nesta Mesa desde fai 31 anos, manteñen a actividade da UNED co seu pulo orzamentario que permite que xeracións de ourensáns accederan e accedan á formación superior na nosa Universidade. Toda acción formativa e científica que a UNED desenvolve na provincia só é posible grazas a ese respaldo orzamentario por parte das institucións aquí presentes. Moitas grazas".  

   

  

 

UNED Ourense

Comunicación

Carretera de Vigo Torres do Pino  s/n Baixo 32001 Ourense - . Tel. 988371444 info@ourense.uned.es