Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

A Xunta Reitora de UNED Ourense aprobou o Plan Docente do ano 2023-2024 que inclúe o terceiro curso de Educación Infantil

26 de junio de 2023

Os integrantes da mesma deron luz verde ás contas de 2022 entre outros sete puntos da orde do día aprobados por unanimidade.

OURENSE, 26 de xuño de 2023. Os membros da Xunta Reitora do Consorcio de UNED Ourense celebraron sesión na tarde deste luns para aprobar as contas anuais do exercizo económico de 2022. Tamén quedou aprobada a Planificación Académica do curso 2023-2024, na que salienta a posta en marcha do terceiro curso do grao de Educación Infantil. Estes son dous dos asuntos de maior interese dunha orde do día con 9 puntos, de carácter administrativo relativos a dar de baixa diversos bens e o inventario, aprobar o regulamento de Inventario deste Consorcio, e de igual xeito deuselle luz verde a unha proposta de compensación para os profesores titores da UNED Senior.

A esta reunión ordinaria que coincide co remate do curso asistiron Rosendo Fernández Fernández como presidente en funcións; Jesús de Andrés Sanz, vicerreitor de Centros Asociados da UNED, Jesús Manuel García Díaz, director de UNED Ourense; Julio Prada Rodríguez, coordinador académico e representante dos profesores titores de UNED Ourense; Gonzalo Alonso Álvarez, administrador de UNED Ourense; Armando Ojea Bouzo, representante do Concello de Ourense; José Alberto Díez de Castro, secretario xeral de Universidades da Xunta de Galicia; Miriam Casas Barba, representante de estudantes e María Concepción Álvarez Gómez, secretaria da Xunta Reitora. 

A Xunta Reitora reúnese, en condicións normais, dúas veces ao ano, entre xuño e en decembro. Todos os asuntos foron aprobados por unanimidade. UNED Ourense segue cumprindo a súa función formativa superior e social na provincia como ven facendo desde hai 30 anos. "Tras un curso intenso, non hai tiempo que perder para preparar o seguinte", dí o director. "Aquí non descansamos, mantemos o ritmo administrativo para que, á vuelta de agosto, todo estea preparado para empezar de novo outro ano académico con ilusión, apaixoante", engadiu García Díaz.

UNED Ourense

Comunicación

Carretera de Vigo Torres do Pino  s/n Baixo 32001 Ourense - . Tel. 988371444 info@ourense.uned.es