Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

A Fundación UNED ofrece un programa formativo para quenes concurran en maio ás Probas Oficiais Libres de Acceso á FP de Grao Superior. 

17 de julio de 2023

O programa dura un curso académico a partir do 2 de outubro. A matricula permanece aberta ata o 16 de outubro.

OURENSE, 17 de xullo de 2023. A Fundación UNED, co apoio do Vicerreitorado de Formación Permanente , puxo en marcha un novo programa de formación, con profesorado PDI e Titores da UNED, que permitirá durante un curso académico preparar a todas aquelas persoas interesadas en presentarse, cara o mes de maio, ás Probas Oficiais Libres de Acceso á Formación Profesional de Grao Superior.  Estas probas libres convocadas polas comunidades autónomas son esixentes e requiren unha axeitada preparación para garantir o éxito, e como consecuencia este programa presentase como unha ferramenta valiosa para aquelas persoas que desexan alcanzar un nivel educativo superior e ampliar os seus horizontes, tratase dunha opción idónea para aqueles que desexan asegurar un bó resultado e unha inversión no futuro educativo e profesional Este programa brinda aos estudantes a oportunidade de preparar e adquirir os coñecementos necesarios en cada unha das materias que se avalían nas probas libres oficiais. Tamén os prepara para enfrentarse ao tipo de preguntas e exercicios que encontrarán no exame, o que lles permite familiarizarse co formato e desenvolver estratexias efetivas para a súa abordaxe. 

O estudantado contará cunha orientación especializada e unha atención individualizada contribuíndo a maximizar o seu rendemento e a optimizar as súas sus posibilidades de éxito nas probas. O programa está constituido por 10 módulos, cada ún deles correspóndese coas materias da parte común e da específica da proba. 

As persoas interesadas poderán matricularse de todos aqueles módulos soltos nos que estean interesados. (Este programa está deseñado, para a preparación da proba libre da Comunidade Autónoma de Madrid, pero gran parte das materias concordan coas de outras comunidades autónomas. En próximas convocatorias preténdese ir ampliando o número de materias ata cubrir as de todas as comunidades autónomas).

O prazo de matrícula permanecerá aberto ata o 16 de outubro, aínda que o programa dará comezo o día 2 de outubro

Pódese obter máis información e realizar o proceso de matrícula aquí .

Opción educativa de gran prestixio

A Formación Profesional consolidouse como unha opción educativa de gran prestixio e recoñecemento, converténdose nunha alternativa sólida e atractiva para aqueles que desexan adquirir habilidades prácticas e orientadas ao mundo laboral. Segundo o informe máis recente sobre empregabilidade en España, elaborado polo Instituto Nacional de Estatística (INE), os titulados en FP teñen unha taxa de emprego do 80% no primeiros seis meses despois de obter o seu título. Esta cifra é significativamente máis alta que a doutros niveis educativos, o que subliña a forte demanda de profesionais cualificados en diversos sectores da economía. Ademais dunha excelente empregabilidade, a Formación Profesional brinda unha ampla gama de saídas laborais en sectores crave da economía española.

Dacordo co informe do Observatorio das Ocupacións do Servizo Público de Emprego Estatal (SEPE), os campos con maior demanda de profesionais titulados en FP inclúen a informática, a electrónica, a industria, a hostalería e o turismo, a sanidade e os servizos sociais, entre outros. Estes sectores ofrecen numerosas oportunidades de desenvolvemento e crecemento profesional, con salarios competitivos e posibilidades de ascenso. Así mesmo non podemos esquecer, que a Formación Profesional é unha das portas de acceso á Universidade e por suposto a outros cursos de especialización e de formación ao longo da vida, que tanto a UNED como os seus Centros Asociados da UNED poidan ofertar. Nun mundo cada vez máis competitivo, obter unha formación sólida volveuse esencial para acceder a mellores oportunidades laborais.

UNED Ourense

Comunicación

Carretera de Vigo Torres do Pino  s/n Baixo 32001 Ourense - . Tel. 988371444 info@ourense.uned.es