Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

A Deputacion reforza o seu apoio a UNED Ourense 

16 de octubre de 2023

O Seu novo presidente, que tamén o é do Consorcio do centro universitario, recibiu en visita de cortesía ao director de UNED Ourense, acompañado da secretaria do centro ourensano, para poñelo ao día, sobre a realidade da nosa Universidade, que desenvolve o seu labor na provincia desde fai 31 anos.

OURENSE, 16 de outubro de 2023. O director de UNED Ourense, Jesús Manuel García Díaz, e a secretaria del centro universitario, María Concepción Álvarez Gómez, foron recibidos polo novo presidente da Deputación Provincial de Ourense e do Consorcio de UNED Ourense, Luis Menor Pérez, no pazo provincial. Tratouse dunha visita institucional de cortesía ao estrenarse Menor Pérez en ambos os dous cargos. O director transmitiulle o agradecemento renovado de UNED Ourense polo apoio firme que a Deputación mantén desde fai 31 anos para que a UNED poda seguir desenvolvendo o seu importante labor nesta provincia. 

Luis Menor prestou moita atención aos datos que tanto García Díaz como Álvarez Gómez lle deron en relación coa realidade da UNED en Ourense, unha Universidade non descoñecida para o presidente da Deputación ourensá, xa que licenciouse en Dereito nela e aínda ten en marcha outro grao, avanzado, a pesares de que polo de agora non dispón de máis tempo. Menor salientou o traballo que realiza a UNED na provincia, mostrouse orgulloso do mesmo e do beneficio que aporta aos ourensáns cos seus 30 graos, máis de 70 mestrados, 21 programas de doutoramento e os centos de cursos de formación permanente en todos os eidos do coñecemento.  

O director e a secretaria de UNED Ourense puxeron ao día, sobre a nosa Universidade, ao novo presidente da Deputación e do Consorcio Universitario do Centro Asociado á UNED na nosa provincia.

O presidente da Deputación gabouse tamén do desenvolvemento do proxecto UNED Senior, clases para cidadáns maiores de 55 anos, que se imparten no Centro Cultural Marcos Valcárcel dúas tardes cada semana. 

O encontro rematou falando, por parte de García Díaz, de detalles para o acto solemne de inauguración do curso 2023-2024 en UNED Ourense, que terá lugar nos primeiros días de novembro. A propia Dirección comunicará a data e programa oficial unha vez que se peche co Reitorado.

UNED Ourense

Comunicación

Carretera de Vigo Torres do Pino  s/n Baixo 32001 Ourense - . Tel. 988371444 info@ourense.uned.es