Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

Xornada de Portas Abertas en UNED Ourense o día 27 de setembro

22 de septiembre de 2023

Ás 17:00 horas comezará no salón de actos unha sesión informativa para todos os novos estudantes así como para os que pensan en matricularse noutra ocasión. Será o momento oportuno para clarexar dúbidas ao momento.

OURENSE, 22 de setembro de 2023. UNED Ourense celebrará o mércores, 27 de setembro a xornada de Portas Abertas, destinada a todos os novos estudantes que comezarán o curso no noso Centro. A esa hora serán recibidos polo director, Jesús Manuel García Díaz, para dirixirse ao salón de actos, onde terá lugar unha sesión informativa acerca de como se estuda na UNED, que servizos ofrece o Centro Asociado e todo canto teña que ver con becas e outros aspectos administrativos. Tamén pode acudir calquera cidadán que teña intención de matricularse na UNED máis adiante. 

Unha vez remate a sesión informativa, os asistentes poderán percorrer as instalacións de UNED Ourense para coñecer as aulas de titorías, a biblioteca, os laboratorios, a aula de exames, o COIE (servizo de orientación ao estudante), e a administración.

"Animo a todos a vir con nós o día 27. É unha maneira de rachar o xeo, de coñecer este Centro Asociado e ver como funciona. Cada ano achénganse novos estudantes que nos preguntan sobre diversos aspectos da Universidade e resulta un magnífico momento para clarexar calquera dúbida", sinala o director. "Desde as nosas instalacións asomaranse á universidade pública máis grande de España, en estudantes en oferta formativa, e ao maior campus de Europa. Virán a unha boa e prestixiosa universidade, que non o dubiden", engadiu García Díaz.

UNED Ourense

Comunicación 

Carretera de Vigo Torres do Pino  s/n Baixo 32001 Ourense - . Tel. 988371444 info@ourense.uned.es