OURENSE, 26 de novembro de 2020.-A Universidade Nacional de Educación a Distancia traerá a Ourense os seus tres primeiros relatorios sobre intelixencia artificial con outros tantos expertos neste campo, todos eles pertencentes á Escola Técnica Superior de Enxeñería Informática desta universidade. Trátase da resposta da Universidade Nacional de Educación a Distancia á invitación formulada desde o Centro de Intelixencia Artificial de Ourense, para incluír estas e outros relatorios dentro do programa Os venres con Intelixencia Artificial. As tres conferencias serán sempre online e á mesma hora, é dicir, ás 12.00 horas. Así, este venres, día 27, intervirá o doutor Francisco Javier Díez Vegas, catedrático de Ciencias e Intelixencia Artificial da UNED. Falará de I.A. en Medicina. Presente, pasado e futuro. Díez Vegas imparte docencia sobre modelos probabilistas e análises de decisións, métodos probabilistas, análises de decisións en Medicina; análise de decisións para Enxeñería e Xestión e programa Modular de Ferramentas de Investigación e Xestión Sanitaria.
As súas áreas de investigación son:
Os outros relatorios achegados pola UNED terán lugar o día 4 e o 11 de decembro. Para o día 4 espérase a intervención do doutor Julio Gonzalo Arroyo, catedrático en Linguaxes e Sistemas Informáticos da UNED. O seu relatorio titúlase: Sesgo en sistemas de avaliación. E o día 11 poderá escoitarse a conferencia Ferramentas de IA en contornas educativas e sociais, a cargo do profesor investigador doutor Antonio Rodríguez Anaya, tamén do Departamento de IA da UNED.
UNED Ourense
Comunicación