OURENSE, 29 de maio de 2023. O pasado 8 de abril, Cristina Castellanos Serrano, doutora da UNED, publicou a investigación: “O deseño do sistema de permisos parentais impacta no seu uso segundo o xénero: Introdución do permiso de paternidade en España” onde afirmou que as condicións dos permisos favorecen que as mulleres fagan máis sacrificios económicos para poder coidar aos seus fillos. A investigación baséase nun enfoque cuasiexperimental, é dicir, un experimento o que os grupos de estudo son escollidos, realizado a parellas heterosexuais con dobre ingreso económico e con fillos de entre 3 e 8 anos nados antes e despois de 2007, ano no que saíu a nova lei de permisos parentales. A base científica do experimento atópase recollida na “Enquisa sobre o uso dos permisos parentales e as súas consecuencias laborais” financiada polo Instituto das Mulleres do Goberno de España e na que participaron 960 pais e 822 nais, en representación de 1.130 fogares madrileños.
O rol de xénero é un dos causantes de que as mulleres asuman máis responsabilidade familiar. Os estudos realizados na investigación confirman que as mulleres utilizan o permiso de maternidade case na súa totalidade, mentres que os homes non utilizan nin o permiso transferible nin o non remunerado. O estudo mostra que o uso da licenza parental remunerada desde 2008 ata 2018 foi utilizada pola maior parte dos pais, independentemente das súas características persoais como a clase social, o cargo dentro da empresa, o tipo de contrato ou a educación. En grandes termos, os homes e as mulleres non teñen diferenzas significativas no uso da licenza parental intransferible e remunerada. Con todo, estes datos indícannos que a carga da muller é maior porque é a que fai sacrificios económicos para poder coidar dos fillos.
Outro dos motivos polos que existe a desigualdade é a diferenza de condicións. En 1994, o permiso de maternidade aumentaba a 112 días a tempo completo e remunerado, dos cales os primeiros 42 días era un permiso exclusivo da nai, pero os 70 días restantes podíanse transferir ao pai. A lei desde 2007 ata 2017 permitiu que os homes tivesen un permiso de 13 días por paternidade, sumado aos 2 días de nacemento e 15 días adicionais retribuídos. Actualmente podemos diferenciar distintos tipos de permiso como o da maternidade, a paternidade, a lactación, o parto e os non retribuídos. Todos teñen termos similares, excepto o último que consiste nun permiso non remunerado.
"O deseño da política importa"
Segundo di Cristina Castellanos, “O deseño da política importa. Un deseño de licenza igual, intransferible e totalmente remunerada para cada pai é necesario para o uso equitativo de pais e nais e, por tanto, para a igualdade de xénero nas familias e o traballo”. O permiso parental está feito para promover máis equidade nos roles de xénero dentro do fogar e fomentar a conciliación familiar, pero aínda existe moita desigualdade. O obxectivo do proxecto foi pescudar se o deseño español do permiso parental intransferible e totalmente retribuído mellora o benestar infantil e a igualdade de xénero nas familias. Anteriormente, as investigacións viraron ao redor das reformas da licenza de paternidade, pero neste novo enfoque estúdanse os distintos tipos de permisos, así como a transferibilidade, os pagos e os propósitos de cada un. Esta investigación tivo tanta relevancia política, grazas á difusión por parte da Plataforma por Permisos Igualitarios de nacemento e Adopción (PPiiNA) dos resultados antes de que o artigo fose publicado, que impactou na reforma do permiso por nacemento e do coidado do menor de 2019. Os datos tiveron relevancia política.
Os novos permisos parentais pretenden fomentar a igualdade no ámbito familiar. Con todo, vemos diferenzas entre o paternal e o maternal. Segundo a investigación, as licenzas terían que ter os mesmos días e as mesmas condicións para reducir a desigualdade familiar. O pasado 28 de marzo, o Goberno aprobou a Lei de Familias, onde hai modificacións da lei, pero na que se segue observando desigualdade de condicións nos diferentes permisos.
UNED Ourense
Comunicación
Naiara Hierro