Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

Domingo E. Caballero: "A UNED poncho en bandexa"

27 de septiembre de 2023

Este septuaxenario defendeu na mañá de hoxe en UNED Ourense o seu Traballo Fin de Grao na sexta carreira académica que agora remata. 

OURENSE, 27 de setembro de 2023. É natural de Cehegín (Murcia) e reside en Baños de Molgas (Ourense). Domingo Enrique Caballero Ródenas defendeu esta mañá en UNED Ourense o seu Traballo de Fin de Grao (TFG) en Ciencia Política e da Administración. Este septuaxenario ten tamén a licenciatura en Dereito pola UNED; Ciencias Xurídicas da Administración tamén pola UNED, a de Filoloxía Moderna pola Universidade de Salamanca; Psicoloxía pola Universidade Complutense, a mesma universidade na que fixo Filosofía Pura; Pedagoxía pola Universidade de Murcia e a diplomatura en Maxisterio por Salamanca tamén. Domingo, de mozo, quería quería ser misioneiro e ir ao Xapón, pero enseguida cambiou de opinión. Di que non ten unha afección concreta porque todo interésalle. Conta cunha memoria privilexiada que non lle impide recitar un poema de Manuel Machado. No seu historial ten 10 anos como profesor titor en UNED Albacete e outros tres en UNED Cartaxena. Este catedrático de instituto daba titorías de Psicoloxía.

-Por que quixo estudar Ciencias Xurídicas e da Administración? 

-Porque sempre tiven a desgraza de ter o verme político. Desde sempre quixen chegar a ter algún tipo de poder para axudar á xente.

-Esta carreira combina moi ben coa que ten de Dereito.

-Si, claro. Eu estou colexiado como avogado en Murcia pero nunca exercín.

-Que tal lle foi esta mañá defendendo o seu TFG desde UNED Ourense?

-Vin moi nervioso, pero foi ben. O tribunal felicitoume. 

-Descansou a noite previa? 

-Non durmín nada. Eu déitome tarde, sobre as tres da madrugada, e se me durmo, non chego ao TFG. Levanteime ás seis para percorrer 40 quilómetros desde Baños de Molgas e estar na aula ás 09:00 en punto. Estaba nervioso, sobrábame o chaleco, pero agora xa me atopo máis tranquilo, non canso. 

-Como se titula o seu traballo? 

-O fascismo. Do Mussolini líder socialista ao corporativismo de Estado. Moita xente descoñece que o fascismo o creou o máximo líder socialista italiano, Mussolini. Aquilo tivo tanto eco que en Francia os socialistas botaron aos reformistas. O fascismo nada ten que ver coa extrema dereita porque tiña xentes de dereita e de esquerda. Como psicólogo que son engadín algo neste campo, como o fenómeno da personalidade patolóxica que tiña Mussolini. O seu era un trastorno narcisista. O fascismo italiano realizou unha reforma agraria brutal, expropiou máis de seis millóns de hectáreas e fixo unha revolución industrial. 

-Pero tamén tiña o seu lado escuro...

-Un dos problemas era a súa actitude coa muller, á que quería na casa. Outro defecto foi a teima imperialista. Pero o certo é que millóns de italianos de todas as clases sociais apoiárono.

-Que é para vostede a UNED? 

-A UNED é como a miña casa. Ofrece unha serie de posibilidades enormes, mesmo aos maiores. A UNED poncho en bandexa. Pódese facer de todo na UNED. Eu era titor de Psicoloxía e estudante de Dereito. 

-Pensou en seguir estudando, Domingo? 

-Agora estou nunha fase de elección, ou ben facer un doutoramento en Filosofía Pura, na especialidade da Unión Europea. De sempre sentinme e síntome europeísta. A outra opción é estudar o grao en Filoloxía Hispánica.

UNED Ourense

Comunicación

Carretera de Vigo Torres do Pino  s/n Baixo 32001 Ourense - . Tel. 988371444 info@ourense.uned.es