Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

Ciencia e escolares desde a UNED

4 de septiembre de 2023

Tres docentes da UNED e un da Universidade de Granada publican un artigo exitoso sobre cómo achegar a ciencia aos máis cativos. 

OURENSE, 4 de setembro de 2023. Un dos obxectivos da UNED é espallar o coñecemento na sociedade, incluíndo, por suposto, aos escolares. Nesta tarefa fundamental a nosa Universidade, mediante UNED Ourense, realiza para os colexios diversas iniciativas de carácter científico que, despois de tres anos celebrándose, empezan a constituirse como referencia neste Centro Asociado, que como xa é sabido, ten unha forte aposta pola comunicación tamén científica. Todo elo grazas ao pulo irrenunciable da Dirección e á colaboración de cinco centros educativos, polo de agora, ubicados en Ourense e no Pereiro: Miraflores, Guillelme Brown, IES 12 de Outubro, CEIP Virxe de Covadonga e o IES Ferro Couselo, como recente incorporación. Estas actividades deben moito a ColArte en Madrid.

UNED Ourense promove un importante programa de divulgación científica escolar que xa vai camiño de converterse nun clásico.

Todo elo é posible también grazas ao apoio do Vicerreitorado de Investigación, Transferencia e Divulgación Científica da UNED cuxa titular, Rosa María Martín Aranda, participa no artículo  Cómo achegar a ciencia os máis pequenos? xunto aos físicos pola UNED, Hassan e Hossein Hossein Mohand, que exercen como profesores titores en UNED Melilla. Hossein é tamén profesor axudante doutor na Universidade de Granada, Campus de Melilla. O outro coautor, Nabil Mohamed Chemlali, é investigador predoutoral da UNED e profesor sustituto na Universidade de Granada.

Con este artigo trátase de  

  • Facer Ciencia colaborativa na escola: creación de experimentos que aborden problemáticas do mundo real.
  • Preguntar sen medo: Cos experimentos comprenden que chegar a un resultado inesperado non supón un fracaso, senon unha oportunidade para aprender e extraer conclusións interesantes.

  • Modelos inspiradores e diversidade: As mulleres seguen superando barreiras en diversas áreas e etapas das súas carreiras científicas.

Por Ourense pasaron varios obradoiros científicos de química, de bioloxía, e física para escolares co obxectivo de sementar vocacións científicas nos máis pequenos.

O artigo ven de publicarse en The Conversation e en menos de 72 horas desde a súa publicación xa supera as 6.400 lecturas.

Acceso ao artigo completo aquí.

UNED Ourense

Carretera de Vigo Torres do Pino  s/n Baixo 32001 Ourense - . Tel. 988371444 info@ourense.uned.es