Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

A UNED cos afectados pola COVID-19: bonificacións na matrícula do vindeiro curso e balance positivo de UNED 100%

21 de julio de 2020

Entre as bonificaciones figura o ter padecido a Covid-19 ou ter prestado servizos no Sistema Nacional de Saúde, nas Forzas e Corpos de Seguridade do Estado ou nos Corpos de Policía autonómicos ou locais durante o pasado estado de alarma

OURENSE, 21 de xullo de 2020.- Xa está publicada no BOE a Orde pola que se fixan os prezos públicos polos servizos académicos universitarios e outros servizos na Universidade Nacional de Educación a Distancia, para o curso 2020-2021. Entre as bonificacións de matrícula previstas como familia numerosa, discapacidade, vítimas de terrorismo e de xénero, recóllese tamén sufrir a enfermidade  COVID-19 ou prestar servizos no Sistema Nacional de Saúde, nas Forzas e Corpos de Seguridade do Estado, os Corpos de Policía dependentes das comunidades autónomas e das corporacións locais, durante o período de vixencia do estado de alarma.

Tamén a UNED realizou un seguimento exhaustivo da afectación directa da  COVID-19 ao estudantado para poder atender a esas situacións especiais e facilitar o aprazamento dos seus exames, pois está prevista unha nova convocatoria en setembro sen afectación académica nin económica. En total, 991 estudantes padeceron ou padecen a  COVID-19; 796 estudantes traballaron durante o estado de alarma ou traballan en servizos esenciais e 676 viviron unha situación de análoga natureza e consideración, tales como situacións de duelo. En total, 2.463 alumnos e alumnas da UNED tiveron unha afectación directa nesta crise.

As medidas tomadas foron implementadas despois dun amplo diagnóstico pola gran cantidade e diversidade de estudantes que ten esta universidade pública, co obxectivo de garantir o dereito á avaliación e, segundo palabras do seu propio reitor, Ricardo  Mairal, “para non deixar ningún estudante atrás, en ningún caso”.

Consultar aquí a bonificacións na matrícula para estudantes afectados pola  COVID-19

 A UNED ten aberto o seu prazo de matrícula en Graos, Mestrados e Acceso á Universidade ata o 22 de outubro. A súa oferta componse de 28 graos, 11 graos combinados e 79 mestrados. Na maioría das tres titulacións tamén permanece aberto o período de Admisión para os novos estudantes. Todas as demandas xestiónanse unicamente a través de Internet.

Balance positivo do programa UNED 100% de medidas especiais adoptadas durante a COVID-19

A UNED puxo en marcha o pasado día 22 de abril o programa UNED 100% co obxectivo de acompañar os procesos de evaluación e peche do curso 2019/2020 das máis de 135.000 persoas matriculadas en materias de Grao e Mestrado durante o segundo cuadrimestre.

Tendo en conta a diversidade presente entre os estudantes da UNED, tiveronse que tomar medidas especiais para colectivos que poideran ter dificultades para a realización dos exames non presenciais como consecuencia da CIVID-19. Entre as medidas adoptadas destacan facilitar os recursos tecnolóxicos necesarios para realizar os exames e dotar de máis tempo para a preparación dos exames/adaptación ás necesidades especiais. incluíndo unha convocatoria ordinaria de xuño a realizar en setembro para que os estudantes non perdan a convocatoria de xuño, nen académica nen económicamente.

Censo UNED 100% Para identificar as necesidades derivadas da crise da COVID-19 elaborouse o Censo UNED 100%, do que se extraeron datos fundamentais para a aplicación de medidas adecuadas. Son os seguintes: 

  • Estudantes con discapacidade matriculados na UNED: máis de 8.400, que representan case o 40% do sistema universitario español en estudos de Grao e o 20% en estudos de Mestrado.
  • Estudantes con necesidades especiais:
  • Persoas que por diversas razóns non poden realizar os exames utilizando dispositivos electrónicos: 300 estudantes aproximadamente.
  • Estudantes en Centros Penais: 1200 persoas. Este colectivo é especialmente vulnerable porque non se lles permite comunicación co exterior utilizando medios telemáticos.
  • Estudantes que non teñen medios tecnolóxicos ou teñen dificultades técnicas:
  •  Sen computador, tableta ou teléfono intelixente: 379 estudantes. Sen webcam: 1.743 estudantes.
  •  Sen acceso ou cobertura suficiente a internet: 930 estudantes. 
  •  Medidas especiais cara a falta de medios
  •  Tomáronse diversas medidas como reacción ás diversas realidades detectadas na elaboración do Censo UNED 100%. Fundamentalmente produciuse un apoio directo por parte dos centros nacionais e internacionais proporcionando aos estudantes os medios tecnolóxicos e técnicos necesarios para poder examinarse. É dicir, puxéronse a disposición os máis de 70 centros da UNED para poder examinarse cumprindo todos os protocolos sanitarios esixidos en termos de saúde pública.
Tamén se realizou unha repartición de webcams en modo de préstamo desde os Centros para poder facilitar a realización dos exames. 

UNED Ourense

Comunicación

Carretera de Vigo Torres do Pino  s/n Baixo 32001 Ourense - . Tel. 988371444 info@ourense.uned.es