Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

Agricultura ecolóxica e cultivo de alimentos naturais 

5 de octubre de 2023

UNED Ourense organiza un curso de catro meses para coñecer os fundamentos biolóxicos e outros aspectos da agricultura ecolóxica. Comezará o 12 de novembro na Aula de Extensión de Valdeorras, na vila de A Rúa.

OURENSE, 5 de outubro de 2023. UNED de Ourense, na súa Aula de Valdeorras, na Rúa, organiza a primeira actividade formativa sobre agricultura ecolóxica e o cultivo de alimentos naturais. Cunha metodoloxía non tan teórica como adoita ser habitual, a actividade está enfocada a unha formación dinámica e atractiva para os participantes. A alimentación baseada en produtos ecolóxicos conta cada vez con máis adeptos. As persoas que se atreven con plantacións ecolóxicas onde cultivar os seus propios alimentos, vai en aumento ano tras ano. Dun tempo para acó o rural é o refuxio de numerosos poboadores que abandonan a cidade en busca de tranquilidade e dunha vida sa en contacto coa natureza. A maioría busca cultivar os seus propios alimentos da maneira máis natural posible, sen produtos químicos nin conservantes.

Este curso está orientado a conseguir que os participantes aproveiten ao máximo os seus recursos naturais e adquiran coñecementos básicos de agricultura ecolóxica. Partindo dunha perspectiva tradicional, a dos nosos antepasados, chegarase a unha máis actual axeitada aos novos cultivos e aos cambios na sociedade, sobre todo no aspecto climático. Tocaranse todas as áreas: o chan e os seus nutrientes, como traballalo e potencialo, crear materia orgánica, compost, tratamentos, abonos etc. E sistemas de rega, tema imprescindible para conseguir un bo resultado. 

O curso está impartido por María Eugenia Medina, enóloga, licenciada en Bioloxía e xestora de Dona Branca Asesoría Enolóxica Integral S.L., e, sobre todo, con moita experiencia en temas relacionados con asesoramento en agricultura e viticultura así como no ámbito formativo. Consta de 30 horas lectivas e 1,5 créditos ECTS. O curso comezará o 10 de novembro e estenderase ata marzo de 2024, para realizar dúas visitas a centros de cultivo ecolóxico de modo que a formación sexa completa e póidanse ver ir situ os resultados deste tipo de agricultura. O tema ao que está dedicada esta actividade permite ao estudante participar con asistencia presencial ou en liña, en directo ou en diferido. 

Programa

 Venres, 10 de novembro de 2023 

  • 16:00-20:00 h. INTRODUCIÓN: Fundamentos ecolóxicos da agricultura. Importancia do papel do coñecemento tradicional dos cultivos. Perspectivas actuais e punto de partida dos cultivos. Lexislación.
 Venres, 24 de novembro de 2023 

  • 16:00-20:00 h. FUNDAMENTOS ECOLÓXICOS DA AGRICULTURA: O ecosistema: concepto e descrición. Fauna auxiliar, definición e tipos. O chan: interpretación, coñecementos, datos de nutrientes, estruturas etc. Análises de chans e lectura dos datos. Problemas dos cultivos. Tratamentos alternativos. 
Venres, 16 de febreiro de 2024 

  • 16:00-20:00 h. LABORES NA AGRICULTURA ECOLÓXICA: Obxectivos. Boas prácticas do manexo do chan. Herbas adventicias. Plantas indicadoras. Potenciación da fauna útil. O manexo das plantas adventicias.
 Venres, 1 de marzo de 2024 

  • 16:00-20:00 h. MATERIA ORGÁNICA NO CHAN: O ciclo da materia orgánica. A descomposición e o humus. Estercos. Compost. Elaboración de compost. ABONOS VERDES: Obxectivos. Especies utilizadas.
 Sábado, 2 de marzo de 2024 

  • 09:00-14:00 h. Visita guiada a un centro de produción ecolóxica (por determinar).
 Venres, 15 de marzo de 2024 

  • 16:00-20:00 h. BIOFUMIGACIÓN, SOLARIZACIÓN, REGA: concepto e tipos.
 Sábado, 16 de marzo de 2024 

  • 09:00-14:00 h. visita a un centro de produción ecolóxica (por determinar).

Matricúlate aquí

UNED Ourense

Comunicación

Carretera de Vigo Torres do Pino  s/n Baixo 32001 Ourense - . Tel. 988371444 info@ourense.uned.es