Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

Consellos para afrontar os exames de xuño en liña coa aplicación AvEx da UNED

8 de junio de 2020

A secretaria xeral da Universidade e o vicerreitor de Estudantes e Emprendemento informan aos estudantes de todos os pormenores para afrontaren sen problemas o uso da aplicación á hora de facer os seus exames a partires do día 15

OURENSE, 8 de xuño de 2020.- A secretaria xeral da Universidade Nacional de Educación a Distancia, Rebeca de Juan, informa a todos os estudantes que teñen ao seu dispor ata o 12 de xuño a aplicación Aula Virtual de Exámenes (AvEx) en modo demostración para que se familiaricen con ela e adquiran confianza no seu emprego. Para facilitarlles o coñecemento das accións que deben comprobar previamente á realización dos exames e a información que deben saber para o bó desenvolvemento dos mesmos, a Universidade elaborou específicamente para os estudantes o documento checklist e un video tutorial. De entre todas as accións, a secretaria xeral destaca as seguientes: 

  • Obter código de acceso para a realización dos exames finais en liña na aplicación AvEx, tal e como xa se comunicou nun correo electrónico anterior.
  • Comprobar que aparecen na pantalla de cada alumno todas as materias con exame AvEx, coa súa data e hora.  Se non a visualizan deben poñerse en contacto con Soporte al estudante: Formulario web; teléfono: 91 398 88 01.
No caso de que aparezan dúbidas ou cuestións relacionadas co uso da aplicación AvEx, os estudantes da UNED dispoñen, para resolvelas, do documento Preguntas frecuentes AvEx-Manual para estudiantes. 

"Durante a realización do exame na 

aplicación AvEx e dada a excepcionalidade desta evaluación, conviría que tiverades os vosos teléfonos móbiles dispoñibles e estivesedes atentos ao correo electrónico alumno.uned, para que, se fose necesario, poidéramos contactar con vos cara algunha contintencia técnica e ou doutra índole, que afectaran ao bon desenvolvemento do exame", sinala Rebeca de Juan.

Igoalmente lles dí que pon ao seu dispor  AvEx Manual para estudiantes co fin de que todos os recursos xerados para eles respeit da aplicación AvEx estean ao seu alcance nun único correo electrónico e, deste xeito, facilitarlles a súa consulta.

"Por último, mais non menos importante, lembrade que os exames finais en liña na aplicación AvEx comezan o 15 de xuño i é aconsellabe aceder ao sistema 20 minutos antes da hora de inicio do exame", sinala a secretaria xeral da UNED no seu comunicado aos estudantes.

O vicerreitor de Estudantes e Emprendemento da UNED, Alberto Mingo Álvarez, lembra aos estudantes que esta semana, recta final antes dos exames, remata o  Plan de Apoyo al Estudiante. "Confiamos en que os recursos vos estean sendo de utilidade", di, recordando do mesmo xeito que desde este luns, 8 de xuño, xa teñen todos ao seu dispor novos recursos para encarar con éxito esta semana de estudo. "Os recursos ubícanse nun espazo dixital, dentro do portal web do Vicerreitorado de Estudantes e Emprendemento, que alberga os contidos e as ligazóns tanto desta semana como das tres anteriores", indica o vicerreitor. enlaces tanto desta semana como das tres anteriores", indica o vicerreitor.

UNED Ourense

Comunicación

Carretera de Vigo Torres do Pino  s/n Baixo 32001 Ourense - . Tel. 988371444 info@ourense.uned.es