Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

O Centro Universitario de Idiomas a Distancia da UNED publica o seu calendario de probas 

20 de mayo de 2020

Os exames orais realizaranse desde o 26 de mayo ata o 2 de xuño, quedando os escritos para o período comprendido entre o 29 de xuño e o 3 de xullo 

OURENSE, 20 de maio de 2020.- Xa están dispoñibles os calendarios das probas escritas e orais do Centro Universitario de Idiomas a Distancia (CUID) da UNED por idioma, día e hora. As probas orais están previstas desde o 26 de maio ao 02 de xuño, empregando a aplicación e-Oral. As probas escritas faranse do 29 de xuño ao 03 de xullo, mediante o uso da aplicación AvEx 

Nesta ligazón atoparás toda a información, así como acceso a exames de proba e videotutoriais de axuda. 

Nas probas orais mantense o formato descrito nas guías das modalidades online e libre, que se aplicará nesta ocasión de forma excepcional tamén ao modelo semipresencial. 

As probas orais poden realizarse en horario libre. Nas probas escritas modifícase a duración: para cada un dos dous exercicios (Comprensión lectora/Uso da lingua e Expresión escrita) en todos os niveis salvo C1 e C2, que contarán con 90 minutos. 

Poderás probar a aplicación AvEx do 25 de maio ao 12 de xuño. 

Se non dispós dos medios técnicos necesarios para realizar as probas orais e/ou escritas e non cubriches a enquisa do Proxecto UNED100%, podes comunicalo a través deste formulario ata o xoves  21 de maio ás 22.00 horas. 

UNED Ourense

Comunicación

Carretera de Vigo Torres do Pino  s/n Baixo 32001 Ourense - . Tel. 988371444 info@ourense.uned.es