OURENSE, 15 de abril de 2020.- O confinamiento derivado da alerta sanitaria por COVID-19 non permitirá realizar a evaluación presencial na convocatoria ordinaria de xuño. O equipo de Goberno da UNED está elaborando un Plan de Actuación para a Xestión da Evaluación no Curso 2019-2020 que contempla un sistema de evaluación continua xunto a un sistema de exames en liña. Para poder realizar estas probas que o ano pasado superaron as 200.000, os Centros Tecnolóxicos da UNED desenvolveron a aplicación Aula Virtual de Examen (Aula AvEx) que se testará este xoves, 16 de abril. Habilitouse unha páxina web con toda a información sobre a Evaluación na UNED neste 2020.
O equipo de Goberno da UNED traballa no Plan de Actuación para a Xestión da Evaluación no Curso 2019-2020 co obxectivo de garantir un axeitado seguemento e evaluación do alumnado da UNED, permitindo así o exercizo do seu dereito á educación e a ser evaluado obxectivamente. Debido ao confinamento derivado da alerta sanitaria por COVID-19 a convocatoria ordinaria de xuño de 2020 no poderá realizarse de forma presenzal polo que se estableceu un sistema de evaluación continua xunto a un sistema de exames en liña, segundo recolle a Resolución Rectoral do 3 de abril do 2020. Un sistema de evaluación que respectará o dereito á liberdade de cátedra do profesorado habilitando a proposta de contidos e a aplicación dos criterios de evaluación.
Para centralizar toda a información relativa á Xestión da Evaluación no Curso 2019-2020 na UNED habilitouse unha páxina web, Evaluación 2020, portal que se irá actualizando a medida que se vaian concretando os calendarios e os distintos procedementos que afectan a todo o proceso de evaluación.
A creación deste novo portal web é unha resposta á preocupación da comunidade universitaria, así o recoñece o reitor da UNED, Ricardo Mairal, “Quero agradecer tanto aos profesores, aos profesores tutores e a todo o persoal da UNED o voso compromiso cos nosos estudantes. Ao colectivo deestudantes, quero transmitirvos unha mensaxe de tranquilidade. Son consciente das dificultades que estades atravesando moitos de vos. O meu obxectivo é que podades continuar o curso académico e que aqueles de vos que estades a punto de graduarvos o podades facer. O Plan de Acción que se deseñou é sensible coa nova realidade”.
Na actual situación de emerxenza sanitaria provocada polo COVID-19, a evaluación dos estudantes da UNED poderá ser levada a cabo en liña a través de dúas vías complementarias:
A evaluación continua a través das ferramentas dispoñibles na plataforma aLF, incluíndo o sistema integrado de webconferencia AVIP e de grabacións AVIP-Pro, entornos xa coñecidos polos membros da comunidade UNED.
O exame final síncrono mediante a aplicación Aula Virtual de Examen (Aula AvEx) desenvolvida polos Centros Tecnolóxicos da UNED. Un sistema que busca manter coa maior fidelidade posible as características da experiencia presenzal en circunstancias de confinamento.
Na Aula AvEx, tra-la autenticación coas claves que dispón cada uno dos estudantes da UNED, o programa pedirá que quen se examina conecte a cámara do seu dispositivo, realizando durante a proba unha ou máis fotografías de modo aleatorio, que quedarán a disposición do equipo docente durante o proceso de evaluación. Se reproduce así unha situación análoga á que se da na aula presenzal de examen, na que quen realiza a proba ten que aceptar a vixilanza por parte do tribunal incluida a identificación co carné UNED e telo sobre la mesa de examen, como figura no Regulamento de Probas Presenciais da UNED. Igualente pedirase unha declaración xurada de autoría e de non utilización de medios fraudulentos e se establece a posibilidade de que o equipo docente fixe unha cita para verificar os coñecementos. podendo empregar recursos antiplaxo en todos aquelles formatos de evaluación que o permitan.
Na convocatoria de xuño do 2019, a UNED realizou 209.069 probas. Para poder saber como se comportará o novo sistema de evaluación, desenvolvido polos por los Centros Tecnolóxicos da UNED, vaise realizar unha proba de carga co maior número de estudantes posible. Esta proba está programada para o vindeiro xoves, 16 de abril entre as 10:00 e as 10:30 h., hora peninsular. Aparte de testar o funcionamento deste sistema de evaluación, esta proba dará información sobre as necesidades específicas dos estudantes da UNED á hora de examinarse, co fin de poder subsanalas antes da convocatoria oficial, que non será antes ol 8 de xuño, para estudantes de Grao, Mestrado e Idiomas do Centro Universitario de Idiomas Dixital e a Distancia da UNED (CUID).