Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

UNED OURENSE permanecerá pechada os días 24 e 25 de febreiro polas festas do Entroido

21 de febrero de 2020

Convidamos á comunidade universitaria de todo o Campus Noroeste a gozar destes días coa maior celebración que caracteriza en España a toda a provincia de Ourense pois ten varias citas de interese turístico nacional

OURENSE, 21 de febreiro de 2020.- Con motivo da celebración do  Entroido, a festa máis característica da provincia de Ourense que a distingue doutras pola enorme riqueza de celebracións  carnavalescas, o Centro Asociado á UNED en Ourense e a súa Aula Universitaria da Rúa permanecerán pechados durante o luns, 24 e o martes, 25 de febreiro. Desexámosvos unhas felices festas e convidámosvos a percorrer as distintas citas por toda a provincia: Ourense, Barbadás, Xinzo, Laza, Verín, Viana do Bolo, Vilariño de Conso, Manzaneda, Toén, Celanova, Bande, Melón, Maceda, Ribadavia, O Carballiño, A Rúa, O Barco… A lista é interminable, pois raro é o recuncho dos 92 concellos da provincia no que non se celebre esta cita.

Lembramos que nesta provincia hai máis de 17 máscaras distintas de  Entroido e moitas destas manifestacións teñen un carácter ancestral que esperta cada ano o interese de non poucos antropólogos. O de Laza está recoñecido como un dos máis antigos do planeta. A esta festa grande ourensá acompáñalle tamén unha rica oferta gastronómica, desde a androlla vianesa ata o cocido, e reposteira, sen esquecer os licores. Feliz  Entroido!!!

Carretera de Vigo Torres do Pino  s/n Baixo 32001 Ourense - . Tel. 988371444 info@ourense.uned.es