Mapa web
Youtube
Campus UNED

A UNED Senior empezou o curso en Ourense para 110 alumnos

15 de octubre de 2018

En dous cuadrimestres estudarán oito materias que contan con 221 matriculados

OURENSE, 15 de outubro de 2018.- A cuarta edición da  UNED  Senior púxose en marcha co arranque do curso para  110 alumnos veteranos e un total de 227 matriculados. A  UNED  Senior está coordinada pola profesora María Concepción Álvarez  Gómez.  O director do Centro Asociado á  UNED de Ourense-Aula Universitaria da Rúa, Jesús Manuel García, (imaxe inferior), deu a benvida aos alumnos, agradecéndolles o formar parte desta cuarta edición e animoulles a meterse de cheo en cada unha das materias escollidas sen esquecerse, insistiu, de divertirse en todo momento aprendendo e convivindo entre eles cada semana. Onte tiveron como profesores a  Josefina e Santiago Pato. 

Cita semanal

A cita cos docentes desta modalidade universitaria para persoas veteranas producirase cada semana, na tarde de cada luns e xoves, días nos que se reparten os contidos para impartir a estes estudantes, nas céntricas instalacións do Centro Cultural Marcos Valcárcel. 

Os  matriculados contan coas seguintes materias no primeiro cuadrimestre: Cinema e Historia Contemporánea I, Cuestións xurídicas ao alcance de todos. Evolución histórica, influenza social; Grandes retos do século  XXI: Educación, medio ambiente e desenvolvemento sustentable; Historia da arte Moderno. No segundo cuadrimestre terán clases do Ciclo de Historia da arte: Arte Contemporánea; outro de Cinema e historia contemporánea II; Para unha saúde integral: Música na historia e o cinema e unha última materia centrada en personaxes destacados que axudaron a forxar a nosa cultura.

Carretera de Vigo Torres do Pino  s/n Baixo 32001 Ourense - . Tel. 988371444 info@ourense.uned.es