Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

Celebrados os exames Trinity College London en UNED Ourense

17 de noviembre de 2023

O centro universitario ten a acreditación oficial que permite realizar estas probas de inglés para toda a provincia. 

OURENSE, 17 de novembro de 2023. Durante o mércores 15 e o xoves 16 de novembro realizáronse en UNED Ourense os exames Trinity College London, tanto escritos como orais. O Centro Asociado de Ourense abriu por vez primeira as súas portas a estas probas, polo que o número de examinandos foi de tres, dous de Ourense e outro da cidade de Pontevedra. 

A próxima convocatoria será no primeiro trimestre do ano 2024. Todas as persoas que na provincia de Ourense estean a estudar para examinarse polo Trinity College London, poden inscribirse para realizar as súas probas nas instalacións de UNED Ourense, que conta coa acreditación oficial para este tipo de exames. Desta maneira son 35 os centros asociados da UNED que ofrecen este servizo á sociedade. Os certificados de Trinity College London son unha titulación oficial con recoñecemento internacional que acredita o teu nivel de B1, B2 ou C1 en lingua inglesa.

As probas realízanse nunha soa convocatoria. Xunto a UNED Ourense, poden facerse nos centros de Albacete, Almería, Ávila, Baza, Bergara; Bizkaia, Cádiz, Calatayud, Campo de Xibraltar-Alxeciras; Cantabria, Cervera, Ciudad Real, Denia, Xirona; Guadalaxara, Huelva, A Rioxa, Lanzarote, Lisboa; Madrid-Las Tablas, Málaga, Motril, Palma de Mallorca, Pamplona, Plasencia, Segovia; Sevilla, Soria, Tortosa, Tudela, Valencia e Zamora. 

As catro competencias avalíanse mediante dous módulos:

  •  Módulo escrito: comprensión lectora e expresión escrita. A súa duración será de 2 horas en todos os niveis.
  •  Módulo oral: comprensión auditiva e expresión oral. Aquí a proba de B1 dura 18 minutos; a de B2, 20 minutos e a de C1, 25 minutos.

Prezo da matrícula:

  • B1: 120 euros
  • B2: 150 euros

  • C1: 170 euros 

 

As certificacións de Inglés están calibradas co Marco Común Europeo de Referencia (MCER) polo que os seus niveis están certificados internacionalmente. Por tanto, recoñecidos a nivel mundial por universidades, autoridades educativas e organizacións comerciais.

UNED Ourense

Comunicación

Carretera de Vigo Torres do Pino  s/n Baixo 32001 Ourense - . Tel. 988371444 info@ourense.uned.es