Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

Aínda estás a tempo de decidir cal vai ser o teu futuro

25 de octubre de 2023

A UNED ampliou o prazo de matrícula para os seus estudos de Grao, Graos Combinados, Mestrados Oficiais, Microtítulos, Curso de Acceso para Maiores de 25 e 45 anos e Idiomas. Desta forma, os estudantes terán a oportunidade ata o 7 de novembro de entrar a formar parte do maior campus de Europa para estudar ao seu ritmo e desde calquer lugar do mundo grazas á súa metodoloxía enliña e semipresenzal, líder no seu sector.

OURENSE, 25 de outubro de 2023. A oferta académica da UNED inclúe 30 Graos pertecentes ás áreas de Artes e Humanidades, Ciencias, Ciencias da Saúde, Ciencias Sociais e Xurídicas e Enxeñería e Arquitectura, así como 11 Graos Combinados que permiten, grazas ao recoñecemento de materios, obter dous títulos de Grao distintos en áreas afíns cursando menos dos 360 créditos ECTS necesarios no caso do segundo Grao. En canto aos MestradosEEES, son 80 títulos os que completan a oferta da UNED.

A UNED foi sempre pioneira en educación a distancia e na incorporación de novas tecnoloxías e tendencias didácticas. Non é de estranar, polo tanto, que se convertira na primeira universidade española en implantar os seus microtítulos-micrograos e micromestrados- cumplindo así as indicacións europeas que apuntan cara microcredenciais como alternativa óptima no camiño da Formación ao Longo da Vida. Ata o 7 de novembro poderase acceder a calquera dos 23 microtítulos ofertados pola UNED: uns estudos que permiten aos estudantes especializarse nunha área concreta sen necesidade de abordar un Grao ou Mestrado completo, pero ofrecendo a posibilidade de convalidar as materias cursadas no caso de que se formalice unha matrícula posterior.

Finalmente, amplíase o prazo de Matrícula ata o 7 de novembro para o Curso de Acceso á universidade para Maiores de 25 e 45 anos e para calquera dos 16 idiomas ofertados por UNED Idiomas.

 

UNED Ourense

Comunicación

Carretera de Vigo Torres do Pino  s/n Baixo 32001 Ourense - . Tel. 988371444 info@ourense.uned.es