Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

Curso de Educación Viaria en UNED Ourense

18 de octubre de 2023

Sete profesionais exporán a necesidade de implementar esta modalidade non só no ensino regrado mais tamén no ensino non formal, os días 26 e 27 de outubro. O xefe provincial de Tráfico fala dun repunte da siniestralidade con 16 decesos este ano nas nosas estradas ourensás.

OURENSE, 18 de outubro de 2023. A Educación Viaria, dentro do seu contexto escolar e a historia do noso país, non pode ter cabida soamente como unha simple materia. Con todos os cambios lexislativos en materia de ensino realizados en España e cunha vista xa no presente, debemos facer cómplices non só aos organismos oficiais e institucións, senón abrir a formación en educación viaria e a posibilidade dun ensino formal e non formal da mesma a outros colectivos como os educadores sociais, pedagogos e membros das distintas Forzas e Corpos de Seguridade. Con este obxectivo, UNED Ourense afronta este curso que se vai a desenvolver no seu salón de actos do 26 ao 27 de outubro. Consta de 10 horas lectivas e dá dereito a 0,5 créditos ECTS aos estudantes UNED e 0,4 créditos aos da Uvigo. Na  presentación do curso esta mañá, o director de UNED Ourense, Jesús Manuel García Díaz, manifestou o interese da Universidade nestes cursos "porque a todos nos fai falta, a condutores e a peatóns. Basta circular todos os días por Ourense, e ver a cantidade de erros que se cometen por uns e outros. Ata vemos como algunhas persoas cambian de carácter ao volante". O  xefe provincial de Tráfico, David Llorente, sinalou que a siniestralidade repunta en xeral e na provincia de Ourense en particular. No que levamos de ano rexistráronse 16 mortes na provincia, 15 en estradas e unha persoa atropelada na cidade. Tamén levamos 72 feridos graves. Todo isto representa un lixeiro repunte. A que se debe isto? Pode ser un resultado da pandemia e danos igual todo? Hai que seguir insistindo. Se facemos educación viaria, esa formación erradica os malos comportamentos. A Educación Viaria ten contidos no sistema educativo. En Ourense hai un módulo de sostibilidade no IES Portovello, sendo formación dual e conta con 18 estudantes". Noutro centro de Verín existe unha materia de medidas de sostibilidade e seguridade en segundo de ESO, no Colexio da Inmaculada. Interveu nesta presentación tamén Benito Bouzada Blanco, axente da Garda Civil de Tráfico e membro da Federación Estatal de Técnicos de Educación Vial (FETEVI) e da Asociación de Técnicos de Educación e Seguridade Vial en Galicia (ATESUGAL). Agradeceu esta iniciativa organizada desde UNED Ourense insistindo na necesidade de implantar a educación viaria na sociedade e foi comentando o programa do curso, que poderá seguirse presencialmente e en liña. O programa queda da seguinte maneira: 

Xoves, 26 de outubro 

  • 16:00-17:00 h. O papel da Educación Viaria pola Seguridade viaria, con Benito Bouzada Blanco, Garda Civil de Tráfico e membro da Federación Estatal de Técnicos de Educación Viaria (FETEVI) e da Asociación de Técnicos de Educación e Seguridade viaria en Galicia (ATESUGAL).
  • 17:00-18:30 h. A Educación Viaria é unha necesidade, con José López Muñoz, Presidente de FETEVI e subinspector da Policía Local de Santa Eularia deas Riu (Eivissa). 
  • 18:30-20:00 h. O papel dos medios de comunicación cara a Educación Viaria, con Javier Pérez Moro, Locutor en RadioVoz Ourense. 
  • 20:00-21:00 h. Experiencias docentes na educación viaria, con María Elisa Abad Suárez, Docente en CPR Cardeal Cisneros de Ourense.
Venres, 27 de outubro 

  • 16:00-17:30 h. Pasado, Presente e Futuro da Educación Viaria desde a DXT, tema que exporá David Llorente Rey, Xefe Provincial da DXT.
  • 17:30-19:00 h. Deseño e implementación de programas de Educación Viaria, con Silvia Castro Rodríguez, Oficial da Policía Local na Coruña e Pedagoga.
  • 19:00-21:00 h. O uso das antigas tecnoloxías ao servizo da Educación Viaria. (Impartirase un taller demostrativo), coa participación de Abelardo Martínez Meis, Policía Local en Sanxenxo (Pontevedra). 

Benito Bouzada, Jesús Manuel García e David Llorente mostrando algóns obxectos didácticos que se empregarán nas sesións do curso que terá lugar en UNED Ourense o 25 e 26 de outubro.

Asistencia

Esta actividade permite ao estudante participar con asistencia presencial ou asistencia en liña en directo ou en diferido.

Inscrición

Para estudantes da Uvigo concédense 0.4 créditos ECTS.

Matrícula Ordinaria

Prezo: 30 €

Matrícula en liña 

Este curso conta coa dirección de Raúl González Fernández, Profesor Contratado Doutor do Departamento de Didáctica, Organización Escolar e Didácticas Especiais na Facultade de Educación da UNED.

UNED Ourense

Comunicación

Carretera de Vigo Torres do Pino  s/n Baixo 32001 Ourense - . Tel. 988371444 info@ourense.uned.es