Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

Curso de introducción á computación cuántica en UNED Ourense

20 de octubre de 2023

Do 6 de novembro ao 4 de decembro desenvolverase unha primeira fase sinxela, que terá continuidade con outra segunda máis complexa, prevista para más adiante.

OURENSE, 20 de outubro de 2023. UNED Ourense presenta un curso de introdución á computación cuántica, algúns conceptos de información cuántica e criptografía cuántica. Entre os contidos figura unha introdución aos conceptos, que se necesitan, de álxebra lineal e mecánica cuántica necesarios para afrontar o curso. Ao ser un curso de introdución, as implementacións que se tratan serán exemplos sinxelos. Nunha edición posterior (Parte_II) trataranse as implementacións de algoritmos cuánticos. Este curso vai celebrarse do 6 de novembro ao 4 de decembro de 2023 no Laboratorio de Informática de UNED Ourense. Consta de 30 horas lectivas e dá dereito a 1,5 créditos ECTS. Poderá seguirse tanto de modo presencial como en liña. As clases serán impartidas polo profesor titor de UNED Ourense, José Luis López Fernández

PROGRAMA 

Luns, 6 de novembro 

  • 18:00-21:00 h. Tema 1. Introdución á computación cuántica. Fundamentos e aplicacións. Instalación e comentarios software curso
Martes, 7 de novembro 

  • 18:30-20:30 h. Tema 2. Modelo matemático. Qubits. Operacións básicas con qubits
Luns, 13 de novembro 

  • 18:30-20:30 h. Tema 3.1 Estados cuánticos. Superposición e entrelazamiento cuántico (entanglement).
Martes, 14 de novembro

  •  18:30-20:30 h. Tema 3.2 Estados cuánticos. Superposición e entrelazamiento cuántico (entanglemet). 
Mércores, 15 de novembro

  •  18:30-20:30 h. Tema 4.1 Computación cuántica. Puertas cuánticas. Modelo de circuítos
Luns, 20 de novembro 

  • 18:00-21:00 h. Tema 4.2 Computación cuántica. Puertas cuánticas.Qiskit, Python. A computación cuántica na nube
Martes, 21 de novembro 

  • 18:30-20:30 h. Tema 5. Teoría complexidade computacional. Algoritmos cuánticos visión xeral: Grover, Shor, Transformada Fourier.
Luns, 27 de novembro 

  • 18:30-20:30 h. Tema 6. Teleportación cuántica. Superdense Coding. Teoría información. 
Martes, 28 de novembro 

  • 18:30-20:30 h. Tema 7. Quantum erro correction. 
Mércores, 29 de novembro 

  • 18:30-20:30 h. Tema 8. Criptografía cuántica
Luns, 4 de decembro 

  • 18:00-21:00 h. Tarefas finais. Exercicios repaso e test final.

Inscrición

A matrícula modalidade estudantes é para alumnado alleo á UNED (outras universidades, ciclos FP, Escola Oficial de Idiomas, Conservatorio de Música) teñen que achegar copia de matricúla do curso 2023-2024. 

Os demandantes de emprego teñen que enviar copia da tarxeta coas revisións actualizadas ou xustificante da oficina de emprego correspondente. En canto a prezos, a matrícula ordinaria costa 60 euros. A de estudantes tanto da UNED como doutros centros, 50 euros e a matrícula de persoas desempregadas costa 40 euros. Este curso está dirixido por Timothy Martin Read, Profesor Titular de Universidade. Departamento de Linguaxes e Sistemas informáticos. ETS Enxeñería Informática da UNED.

Vai dirixido a persoas que coñezan algunha linguaxe de programación clásico (se é posible Python) e que teñan algún coñecemento elemental de álxebra lineal. Sería dabondo cun nivel de bacharelato. Obxectivos

O obxectivo fundamental do curso é difundir coñecementos básicos sobre as tecnoloxías cuánticas, esencialmente computación cuántica e conceptos de áreas relacionadas, información cuántica e criptografía cuántica.

Metodoloxía 

O curso realizarase de maneira totalmente telemática na modalidade en liña. As clases gravaranse con obxecto de facilitar o seguimento do mesmo. Explicaranse os contidos e realizaranse exercicios para reforzar a aprendizaxe, utilizando a ferramenta Qiskit e Composer de IBM. Comentaranse outras ferramentas que poden utilizarse para realizar as prácticas. Será necesario para superar o curso realizar satisfactoriamente unha proba análoga aos exercicios que se irán resolvendo nas clases así como cubrir a enquisa final.

Sistema de avaliación

Os participantes realizarán tarefas que se computarán como 5 horas de traballo (a maiores das 25) para a avaliación final do curso.

Obxectivos de Desenvolvemento Sostible 

Esta actividade impacta no ODS 4. 

Matrícula en liña

UNED Ourense

Comunicación

Carretera de Vigo Torres do Pino  s/n Baixo 32001 Ourense - . Tel. 988371444 info@ourense.uned.es