Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

A UNED organiza en Ourense un Curso de avaliación neuropsicolóxica en persoas maiores

17 de octubre de 2023

Celebrarase os días 2 e 3 de novembro, ten o recoñecemento de Interese Sanitario concedido pola Xunta e nel veranse implicacións xurídicas do deterioro cognitivo debido á idade. 

OURENSE, 17 de outubro de 2023. UNED Ourense celebrará un curso de Avaliación neuropsicolóxica en persoas maiores e implicacións xurídicas da deterioración cognitiva asociada á idade. Terá lugar os días 2 e 3 de novembro nas instalacións de UNED Ourense. Consta de 10 horas lectivas con 0.5 créditos ECTS. Poderá seguirse presencialmente ou en liña. Neste último caso poderá verse en directo ou en diferido. Debido ao aumento da esperanza de vida das persoas maiores, e con iso, a incidencia de problemas cognitivos asociados á idade, é necesario contar con probas cognitivas que axuden a detectar posibles problemas e/ou alteracións cognitivas que poderían afectar á funcionalidade das persoas maiores. En consecuencia, os aspectos xurídicos e bioéticos relacionados coa protección do maior son de especial sensibilidade e interese. Por iso, expoñeranse casos prácticos e sentenzas que ilustren a importancia da avaliación neuropsicolóxica e as implicacións xurídicas no campo do envellecemento.

Programa

 Xoves, 2 de novembro: 

-16:30-20:00 h. Proceso de avaliación neuropsicolóxica en persoas maiores, I, con Sara García Herranz, Profesora Contratada Doutora na área de Psicoloxía Básica da Facultade de Psicoloxía UNED

  •  Obxectivos da avaliación neuropsicolóxica en persoas maiores con deterioración cognitiva leve.
  •  Avaliación da aprendizaxe e a memoria.
  •  Exposición de casos prácticos.

Venres, 3 de novembro: 

-09:30-12:30 h. Proceso de avaliación neuropsicolóxica en persoas maiores, II, con María del Carmen Díaz Mardomingo, Profesora Contratada Doutora na área de Psicoloxía Básica da Facultade de Psicoloxía UNED 

  •  Avaliación da atención, a linguaxe e as funcións executivas. 
  •  Exposición de casos prácticos. 

  -16:30-20:00 h. Protección xurídica das persoas maiores á luz da reforma da Lei 8/2021 sobre discapacidade, con Jesús Gómez Garzas, Profesor Contratado Doutor na área de Dereito Romano da Facultade de Dereito da UNED

  •  Implicacións xurídicas da deterioración cognitiva asociada á idade.
  •  Exposición de sentenzas. 

 Inscrición 

A modalidade matricula ESTUDANTES é para estudantes alleos á UNED (outras universidades, ciclos FP, Escola Oficial de Idiomas e Conservatorio de Música). Teñen que achegar copia da matrícula do curso 2023-24. (Para estudantes da Uvigo recoñecéronse 0.4 créditos ECTS). 

A modalidade matrícula PERSOAS CON DISCAPACIDADE, require enviar copia do carné onde consta o grao de discapacidade ou a resolución do organismo competente. 

O prezo da matrícula ordinaria é de 35 euros; se se trata de persoas con discapacidade, custa 25 euros. Os estudantes UNED e en xeral, pagarán 30 euros. 

Matrícula en liña

Este curso está dirixido por Sara García Herranz da Facultade de Psicoloxía da UNED e da coordinación encárgase Roberto Ignacio Fernández López, Catedrático de Dereito Financeiro e Tributario da Uvigo, Profesor titor de UNED Ourense e Coordinador de Extensión Universitaria no mesmo centro. 

Esta actividade formativa foi declarada de Interese Sanitario pola Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia.

UNED Ourense

Comunicación

Carretera de Vigo Torres do Pino  s/n Baixo 32001 Ourense - . Tel. 988371444 info@ourense.uned.es