Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

UNED Ourense, coa enfermería da nosa provincia

26 de septiembre de 2023

O colectivo profesional sanitario presentou unha campaña gratuita en Ourense para dar a coñecer o seu traballo e formación superior. O Colexio de Enfermería e a UNED estudan a realización de doutoramentos.

OURENSE, 26 de setembro de 2023. O Colexio de Enfermería de Ourense inaugurou esta mañá na Praza Bispo Cesáreo da capital o Tráiler Enfermero, que trae unha campaña dirixida a todos os ourensáns para coñecer con detalle o traballo destes profesionais que desenvolven a súa profesión na nosa provincia. Ao sinxelo acto foron invitados, entre outros, o director de UNED Ourense, Jesús Manuel García Díaz. Tamén estaba o vicerreitor do Campus da Uvigo, Francisco Javier Rodríguez Rajo, así como a directora da Escola de Enfermería de Ourense, María Milagros Fernández Varela; a presidenta do Colexio de Enfermería de Ourense, Ascensión Pérez Sampayo e o alcalde da cidade, Gonzalo Pérez Jácome, varios concelleiros e unha representación da Deputación na persoa de Ana Patricia Torres Madureira.

Esta campaña dirixida a Ourense permitirá, desde hoxe ata o xoves, 28, obter información sobre a profesión de enfermería, facer enquisas e algunhas probas diagnósticas in situ, e tamén algúns xogos a base de preguntas.

No camión ofrécese diversa información para coñecer mellor o traballo e a formación superior que teñen hoxe os profesionais da Enfermería.

Bajo el lema Te cuidamos toda la vida, ofrecerán a seguiente formación de balde: 

Martes, 26 de setembro:

  • 12:00h. Climaterio
  • 13:00h. RCP e atragantamento
  • 18:00h. Educación diabetolóxica
  • 19:00h. Dietas vexetarianas

Mércores, 27 de setembro:

  • 12:00h. RCP e atragantamento
  • 13:00h. Dieta cardiosaudable
  • 18:00h. Alimentación e nutrición en saúde e alud e enfermidade
  • 19:00h. Saúde mental infantoxuvenil

Xoves, 28 de setembro:

  • 12:00h. Obradoiro de inhaladores
  • 13:00h. Prevención de accidentes do fogar
  • 18:00h. Febre en nenos
  • 19:00h. Suicidio

Autoridades sanitarias, políticas e universitarias estiveron presentes no acto de apertura da campaña enfermera aos ourensáns. 

Unha das probas que poden facerse in situ é a de prevención do Ictus, cun programa gratuito de detección da fibrilación auricular mediante unha proba de pulso vital. Ten bastantes interesados. Ascensión Pérez dixo que esta campaña é iniciativa "colectiva da enfermería española, impulsada polo Consello Xeral da Enfermería, en colaboración con todos os colexios provinciais" para visibilizar os coidados enfermeros de calidade e expoñer a nosa evolución profesional e a nosa formación de calidade como referentes sanitarios que somos".

UNED Ourense e o Colexio de Enfermería de Ourense estudan desde fai meses posibilidades de ofrecer o doutoramennto aos enfermeiros e enfermeiras da nosa provincia a través de EIDUNED e o convenio potente que ten a UNED co Instituto de Saúde Carlos III.

UNED Ourense

Comunicación

Carretera de Vigo Torres do Pino  s/n Baixo 32001 Ourense - . Tel. 988371444 info@ourense.uned.es