Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

A UNED ofrece16 idiomas e máis de 500 cursos de Formación Permanente

7 de septiembre de 2023

Hoxe comeza o prazo de matriculación nos cursos de Formación Permanente da UNED, que permanecerá aberto ata o 30 de novembro de 2023. Igualmente, ábrese o prazo de matriculación en Idiomas ata o 23 de octubro deste mesmo ano.

OURENSE, 7 de setembro de 2023. A Formación Permanente da UNED, con máis de 13.000 matriculados, pon a disposición dos estudantes máis de 500 títulos propios de Postgrao e de Desenvolvemento Profesional e Persoal, UNED Senior, Formación Profesional a distancia e 16 idiomas (CUID), sen deixar de ofrecer a posibilide de realizar prácticas curriculares ou extracurriculares en entidades e institucións de recoñecido prestixio. Tamén poden sumarse os créditos ECTS válidos nas titulacións regladas da UNED.

Formación Permanente da nosa Universidade desenvólvese en dous grandes programas:

  • Programa de Posgrao, dirixido a persons con título universitario que desexan actualizar os seus coñecementos ou lograr unha especialización nalgunha área.
  • Programa de Desenvolvemento Profesional e Persoal, dirixido a persoas que buscan, sen necesidade de título universitario, un perfeccionamiento ou actualización profesional, ou formarse por interese cultural ou académico. Son cursos que dan resposta ás demandas e intereses do mundo do traballo.

Ambos os dous teñen unha estrutura modular. Son cursos flexibles cunha formación aberta (é o estudante quen escolle o itinerario a seguir, segundo os seus intereses formativos dentro do marco programado polos equipos docentes) e progresiva (a formación permite ir acreditándose por módulos e ir accedendo a titulacións de nivel superior).

Os cursos impartidos nos Programas de Formación Permanente acredítanse mediante a expedición de Títulos Propios da Universidade Nacional de Educación a Distancia, seguindo as directrices do Regulamento de Estudos de Formación Permanente. Son de formación preferentemente en liña, ainda que hainos semipresenciais e incluso, excepcionalmente, presenciais.

As principais áreas de coñecemento dentro das que se enmarca a oferta de cursos son: Ciencias, Enxeñería e Arquitectura, Ciencias Xurídicas e Administración Pública, Ciencias Sociais, Relacións Laborais e Cooperación, Economía e Xestión Empresarial, Educación, Humanidades e Artes, Informática, Linguas, Psicoloxía, Saúde, e Seguridade e Defensa. 

No seguinte enlace preséntanse as características dos títulos, incluíndo o seu número de créditos ECTS mínimos.

A matrícula realízase en liña a través da páxina webescollendo o curso elexido a través do buscador. Unha vez localizada a ficha da actividade do curso, só hai que premar pestana Solicitude de matrícula para iniciar o proceso.

Centro de idiomas da Universidade Nacional de Educación a Distancia (UNED Idiomas) promove o ensino-aprendizaxe de linguas, incluidas as cooficiais de España, mediante unha formación de calidade e axeitada ás necesidades dos estudantes.

Existe unha ampla oferta de cursos de idiomas de 16 linguas tanto en modalidade semipresencial como en liña, seguindo as directrices do Marco Común Europeo de Referencia para as Linguas (MCER): 

  • Modalidade en liña: aprendizaxe mediante unha plataforma propia con programas de autoaprendizaxe, materiais interactivos e o apoio de titores.
  • Modalidade semipresencial: titorías presenciais nos Centros Asociados UNED. 

Non se require titulación académica previa para cursalas, únicamente ser maior de 16 anos, ainda sendo recomendable comprobar o nivel de competencia lingüística antes de iniciar a matriculación mediante unha proba de nivel en liña.

Para formalizar a matrí­cula é necesario identificarse a través do enlace Acceso ao CAMPUS na la web da UNED e escoller a opción Matrícula Centro Universitario de Idiomas a Distancia.

UNED Ourense

Comunicación     

Carretera de Vigo Torres do Pino  s/n Baixo 32001 Ourense - . Tel. 988371444 info@ourense.uned.es