OURENSE, 13 de setembro. A UNED ofrece a séptima edición do Curso de Experto en Virus Emerxentes, título propio, para o curso académico 2023-2024. Consta de 20 créditos ECTS, ten unha duración de seis meses e desenvolverase totalmente en liña. Este curso diríxese a licenciados, diplomados, estudantes e, en xeral, a quenes queiran actualizar ou ampliar os seus coñecementos sobre os virus e, en particular, sobre os virus emerxentes (sempre que cumpran cos requisitos esixidos na Formación Permanente). Tamén vai destinado a aquelas persoas que teñan interese ou curiosidade sobre as enfermidades causadas por estes graves axentes virais ou curiosidade sobre as enfermidades causadas por estes axentes virais que actualmente están emerxendo ou reemerxendo na nosa sociedade. Requírense coñecementos de inglés e de informática.
Obxectivos.
Os obxectivos principais do curso de Virus emerxentes son os seguintes:
- Aprender nocións básicas sobre os virus en xeral e, sobre os virus emerxentes en particular.
- Estudar a composición dos virus, os factores implicados na súa aparición, os seus mecanismos de transmisión e as ferramentas biotecnolóxicas que se desenvolven para combatilos.
- Profundizar no estudo dos virus emerxentes zoonóticos máis perigosos para o home e aprender como se diagnostican no laboratorio as enfermidades causadas polos mesmos.
- Coñecer as vacinas e as terapias antivirais que existen para facer fronte aos virus.
- Saber aplicar os coñecementos teóricos adquiridos para realizar diferentes exercizos e supostos prácticos non presenciais, propostos polo Equipo Docente, coa axuda do material proporcionado no curso e complementado coa búsqueda de información por parte do estudante en artigos de divulgación científica.
Programa
UNIDADE 1
UNIDADE 2
UNIDADE 3
Metodoloxía e actividades
A metodoloxía é a propia do ensino a distancia no que non se require asistencia presencial. O equipo docente elabora e facilita a documentación para presentar os distintos temas do programa, recibindo o apoio titorial axeitado para orientalos no seu estudo e autoavaliación, mediante o curso virtual na plataforma aLF. Estes materiais complementanse con material adicional como son artigos científicos, presentacións e outros recursos. O carácter do curso é teórico-práctico e, ao longo do mesmo, proporanse diferentes actividades non presenciais que teñen un carácter formativo e, á vez, son a ferramenta de avaliación.
Material didáctico para o seguemento do curso
Material obrigatorio. Material en Plataforma Virtual:
Atención ao estudante
O seguemento do curso realízase a través do Curso Virtual, na plataforma aLF, á que o estudante accederá coas claves de acceso que se lle proporcionan ao formalizar a matrícula, mediante o campus docente da UNED. Na plataforma do curso atópase toda a información e os documentos de traballo. A comunicación entre o estudante e o equipo docente faise de forma continua, fundamentalmente nos foros de debate do Curso Virtual da materia.
Avaliación
Para superar o curso realizarase unha serie de actividades obrigatorias, con carácter formativo, que se propoñen mediante o Curso Virtual. Os estudantes atoparán o enunciado de cada unha das actividades na ferramenta Tarefas do Curso Virtual, á que se pode acceder coas claves de acceso que se lle proporcionan ao formalizar a matrícula, no campus docente da UNED. Cada estudante debe realizar un traballo persoal e non compartido, entregando o mesmo a través da plataforma dentro dos prazos establecidos. Os traballos serán corrixidos polo equipo docente. A realización dos mesmos é condición necesaria para poder superar o curso.
Duración e dedicación
Duración: 6 meses (do 5 de decembro de 2023 ao 31 de maio de 2024).
Dedicación: 500 horas.
Equipo docente
As codirectoras son Mónica Morales Camarzana e Raquel Martín Folgar, ambas as dúas da UNED. A elas úneselle un plantel de colaboradores externos formado por Juan Bárcena del Riego, Esther Blanco Lavilla, Alejandro Brun Torres e Gonzalo Pascual Álvarez.
Matrícula
Prezo de matrícula: 800,00 €.
Os descontos son os seguintes:
O período de matriculación vai do 11 de setembro ao 30 de novembro do 2023.
Máis información sobre o curso premando aquí.
UNED Ourense
Comunicación