Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

Consellos para afrontar os exames da convocatoria de setembro 

10 de agosto de 2023

Setembro é mes de exames na UNED. O luns, 4 comezará a semana de probas presenciais, polo que é convinte estar preparado para este último período de avaliación do curso académico 2022-2023.

OURENSE, 10 de agosto de 2023. Como é habitual, o terceiro período de exames estructurase nunha semana de probas presenciais que aparecen sinaladas no calendario académico. As datas deste último período de exames son: do 4 ao 9 de setembro. Son exames presenciais que se realizan na sede de UNED Ourense.

Se tes calquer dúbida, sobre o calendario de exames dos estudos que estás cursando, consulta a seguinte páxina web para confirmar as datas de cada convocatoria (febreiro, xuño e setembro). Podes consultar o calendario académico na seguinte ligazón

Algúns consellos sobre como examinarte en UNED Ourense:

Para a realización de exames presenciais, a UNED aplica os seguintes criterios xerais comúns para estudos de Grao e Mestrado:

Entrada á aula

  • Acude ao centro de exame 30 minutos antes do inicio da sesión.
  • Presenta ao tribunal a túa identificación (carné de estudante e DNI ou pasaporte). Se non tes o carné de estudiante, contacta co teu centro asociado a partir do 1 de setembro.
  • A túa ubicación na aula está indicada na folla de cabeceira do teu exame así como a duración do mesmo. 

Durante a sesión

  • Lé atentamente as instruccións do exame. 
  • Completa todos os teus datos en todas as follas que empregues. 
  • Non escribas no reverso da folla de cabeceira do exame.
  • Únicamente poderás ter sobre a mesa o material permitido indicado no exame. 
  • Está prohibido o uso e tenencia de calquer dispositivo electrónico (móbiles, tabletas, smartwatches), que deberán estar apagados e fora do alcance, así como o material non permitido sinalado no exame. O incumplimento desta norma derivará en sanción disciplinaria.

Entrega do exame

  • Poderás entregar o teu exame 30 minutos despois do comezo da sesión, unha vez así o indique o tribunal.
  • Revisa o exame na súa integridade. A folla de cabeceira debe ir en primeiro lugar. Anota na mesma o número de follas entregadas.
  • Mostra ao tribunal a túa identificación.
  • Fai a entrega en silencio, respectando aos compañeiros.
  • A partires do día seguinte, terás dispoñible na Secretaría Virtual o certificado de asistencia, que tamén podes obter tras a entrega do exame, se previamente marcaches a casiña correspondente.

Máis información a partir do 1 de setembro:

Síguenos na web e nas redes

UNED Ourense

Comunicación

Carretera de Vigo Torres do Pino  s/n Baixo 32001 Ourense - . Tel. 988371444 info@ourense.uned.es