Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

UNILabs intégrase na Rede Nacional de Laboratorios Industriais do INCIBE

20 de julio de 2023

UNILabs, a rede de laboratorios de Automática de universidades españolas e internacionais liderada pola UNED, incorporouse á Rede Nacional de Laboratorios Industriais de INCIBE. Esta asociación representa unha importante colaboración na que UNILabs contribuirá coa súa infraestrutura e equipos de control industrial con maquetas e plantas piloto para fomentar a investigación, formación e testeo no control de procesos, o Internet das cousas (IoT) industrial e, agora tamén, a ciberseguridade. 

OURENSE, 20 de xullo de 2023. O obxectivo de UNILabs é crear un espazo colaborativo onde expertos, investigadores e estudantes podan traballar xuntos para desenvolver solucións innovadoras no campo da automatización e o control industrial.

Entre os servizos ofrecidos por UNILabs, salientan as oportunidades para a formación no uso de tecnoloxías de automatización e control. Os equipos físicos dispoñibles inclúen unha ampla gama de compoñentes, desde controladores e PLCs ata robots e variadores, proporcionando aos usuarios unha experiencia práctica e enriquecedora no manexo de tecnoloxías industriais de vangarda.

A última incorporación de equipos de control industrial permite agora aos usuarios de UNILabs acceder a plantas piloto e maquetas industriais de procesos, o que lles facilita levar a cabo investigacións avanzadas e probas prácticas nun entorno controlado e seguro.

Do mesmo xeito, UNILabs ofrece recursos didácticos que facilitan a aprendizaxe en distintas áreas temáticas relacionadas coa automatización e o control. Os simuladores didácticos, paneis e entrenadores modulares son ferramientas fundamentais para que os estudantes adquiran habilidades prácticas e coñezan de perto o funcionamento de sistemas industriais complexos. 

En canto á ciberseguridade e supervisión de procesos, UNILabs tamén ofrece acceso a compoñentes físicos especializados, como sistemas SCADA, servidores de almacenamento e HMIs, para garantir a seguridade e control eficiente das operacións industriais.

Por último, a UNED proporcionou ferramentas de software para a xestión de comunicacións e a programación de compoñentes físicos, tales como Simatic-S7, Unity Pro e LabVIEW, optimizando así o proceso de investigación e desenvolvemento de proxectos. 

UNED Ourense

Comunicación

 

 

Carretera de Vigo Torres do Pino  s/n Baixo 32001 Ourense - . Tel. 988371444 info@ourense.uned.es