Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

A UNED abriu a matrícula para o curso 2023/24

6 de julio de 2023

Compaxinar a túa vida coas túas metas para chegar tan lonxe como te propoñas grazas a unha Educación Superior de calidade é posible na UNED, porque ata o23 de outubro abrimos prazo de matrícula para o novo curso 2023-2024.

OURENSE, 6 de xullo de 2023. Na UNED es ti o que elixe entre 30 Graos sen límite de prazas, por eso esta Universidade non ten nota de corte. Podes acceder á profesión que sempre quixeche exercer: Antropoloxía Social e Cultural, Estudos Ingleses, Filosofía, Xeografía e Historia, Historia da Arte, Lingua e Literatura Española, Matemáticas, Física, Ciencias Ambientais, Química, Administración e Dirección de Empresas, Ciencias Xurídicas das Administracións Públicas, Ciencia Política e da Administración, Criminoloxía, Dereito, Economía, Educación Infantil, Educación Social, Pedagoxía, Traballo Social, Socioloxía, Turismo, Enxeñería da Enerxía, Enxeñería Informática, Enxeñería en Tecnoloxías Industriais, Enxeñería Mecánica, Enxeñería Eléctrica, Enxeñería Electrónica Industrial e Automática, ou Enxeñería en Tecnoloxías da Información. 

Pero se es dos que prefiren maximizar o seu tempo, a UNED  ofrece a posibilidade de cursar diversos Graos Combinados sen nota de corte por menos de 360 ETCS, en titulaciòns relacionadas. Obtés dous títulos de grao mediante a combinación de materias que permiten o recoñecemento de créditos xunto coa adquisición de entre 42 e 120 ECTS adicionais, segundo os graos.

¿Aínda non te decides? Podes probar se a UNED encaixa co teu ritmo de vida mentras consigues unhos créditos convalidables co Grao que desexas cursando un Micrograo. Trátase dun tipo de ensino propio da UNED, cuxo obxectivo principal é facilitar a adquisición de novas competencias que preparen ás persoas para respostar aos rápidos cambios laborais, sociais e tecnolóxicos. Este formato permíchete enfocarte nas túas áreas de maior interese e ofréceche a posibilidade de, unha vez aprobados os créditos do Micrograo, estes se inclúan no teu expediente académico se te decides a continuar o Grao ao que se vencellan, de forma que teñan validez como ECTS oficiais e se consideren xa cursados, restándose da carga lectiva do grao.

A universidade pública para todos 

Se non tes ea titulación necesaria para matricularte no grao que queres, a UNED ofrece aos maiores de 25 e 45 anos a posibilidade de realizar os cursos de acceso á Universidade. Con eles poderás prepararte para superar a proba que che vai permitir iniciar os estudos superiores que sempre soñache. 

UNED Ourense

Comunicación

Carretera de Vigo Torres do Pino  s/n Baixo 32001 Ourense - . Tel. 988371444 info@ourense.uned.es