Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

Ricardo Mairal, reitor da UNED: "Xuntos, somos parte dunha comunidade académica comprometida coa mellora continua e a innovación"

30 de junio de 2023

Almería reuníu aos 61 directores da UNED en España e aos vicerreitores para poñer en común os retos e estratexia da institución académica cara a entrada en vigor da nova Lei de Universidades.

OURENSE, 30 de xuño de 2023. A UNED e a universidade do territorio. Serve de palanca para impulsar a formación no territorio. E a rede de centros asociados é un verdadeiro exemplo de vertebración territorial. Así o dixo o secretario xeral para o Reto Demográfico, Francesc Boya, na reunión anual e nacional de directores da UNED celebrada en Almería. Este engadiu que "os nosos territorios teñen un gran potencial, polo que é preciso seguir fortalecendo a rede de centros da UNED". Neste encontro tratábase de expoñer e detallar o Plan Estratéxico (2023-2026) da Universidade e las accións a levar a cabo tamén con motivo dos cambios que esixe a nova Lei de Universidades LOSU. Como dixo o reitor, Ricardo Mairal, aos 61 directores, "Reunións como esta son un espazo único onde se valora e potencia o traballo conxunto que nos permite avanzar cara un obxectivo común: a excelencia na Educación Superior". Así expresa que, "xuntos somos parte dunha comunidade académica comprometida coa mellora continua e a innovación. Seguiremos traballando en equipo para ofrecer unha educación superior de calidade e accesible a todos os estudantes".

Mairal manifestou que os directores dos centros asociados da UNED "xestionan a presenza da UNED no territorio" polo que os considera "como parte do equipo de Goberno. Así os sinto".

Ao longo de dúas intensas xornadas foron saíndo numerosos temas sobre diversos aspectos da Universidade e o seu Plan Estratéxico. "vivimos un momento apaixoante", dixo o reitor, engadindo que a IA e as tecnoloxías determinarán a metodoloxía UNED.

Nun dos descansos das xornadas pousaron os directores do Campus Noroeste co vicerreitor de Centros e o reitor da UNED.

En Almería quedu clara a evidencia de que a actual UNED se parece ben pouco á de fai cinco anos, incluso menos tempo, pois tanto avanzan os cambios en todos os departamentos da universidade pública máis grande de España.

Entre tantas sesións houbo un tempo para realizar unha visita guiada á cidade almeriense, organizada en dous grupois, sendo un deles o que mostra a imaxe.

A UNED está traballando intensamente para afrontar eses cambios que impón a nova Lei de Universidades. Para elo hai varios equipos altamente cualificados inmersos nesa engranaxe que adatará a universidade ás novas esixenzas. En Almería quedou clara a ilusión que reina en todo o equipo para afrontar este e outros retos, algo que no caso da UNED non é novidade xa que desde o seu nacemento fai agora medio século, foi punteira en España nos continuos avances e cambios tecnolóxicos que a fixeron chegar con boa saúde e perestixo ao día de hoxe. 

Na sede da Deputación tivo lugar a recepción institucional a todo o equipo de vicerreitores e directoras da Universidade pública máis grande de España.

A reunión de Almería incluíu un acto institucional na Diputación, no que o seu presidente deu a toda a comunidade UNED a benvida á súa cidade e provincia, agasallándoos de seguido cunha visita guiada á Alcazaba almeriense.  

Ao final deste encontro de directores e vicerreitores respirábase un ambiente, como sinalou Ricardo Mairal, "de gratitude, de sentirmonos moi implicados nun momento esixente pero suxerente e apaixoante". É o sentemento xeral de compartir un mesmo proxecto universitario que esixe a todos estar á altura do momento.

O acto de benvida provocou expectación na cidade, que por dous días converteuse no corazón da UNED al acoller á gran maioría dos xestores desta Universidade en España.

O reitor da UNED, Ricardo Mairal Usón, asinou no Libro Oficial ante a mirada atenta do presidente da Deputación de Almería, Javier Aureliano García Molina.

O director de UNED Almería, José Jesús Gázquez Linares, mostrou o seu agradecemento a todos os directores: "As xornadas que tiveron lugar no Centro Asociado de UNED Almería, no serían posibles sen a vosa valiosa participación e compromiso. Quero agradecer cada minuto do voso tempo dedicado, cada idea compartida, cada experiencia relatada. Demostráchedes unha vez máis que a nosa rede de Centros Asociados non é só unha estrutura, mais un conxunto de persoas dispostas a colaborar e aportar o seu gran de area para mellorar a educación dos milleiros de estudantes que confían en nós". E engadiu: "No teño dúbida de que, con vós como piares desta gran familia UNED, temos un futuro brillante por diante".

As reunións de vicerreitores e directores que se celebran anualmente son ocasións interesantes para intercambiar ideas e coñecer as reviravoltas deste proxecto engaiolante que é a UNED.

Entre os 61 directores atopábase o de UNED Ourense, Jesús Manuel García Díaz. "Regreso coa mesma ilusión coa que viaxei a Almería. Na UNED todos temos moito traballo para facer, un reto ao que enfrontarnos, cada un desde a súa praza. Coñecemos o Plan Estratéxico (2023-2026) da Universidade ao detalle e todo o traballo que implica adecuar a universidade á nova Lei. Todo un reto, por certo, no que é unha honra estar e traballar. Aos directores, e a min o primeiro, gústanos o lío, laborar con rigor e ilusión en prol da nosa UNED, unha universidade prestixiosa que merece a pena e que tanto ben presta á sociedade española. Desde Ourense contribuímos nese traballo desde fai xa trinta anos. E agora, en pleno século XXI, continuamos facéndoo sen descanso, adecuándonos ás novas esixencias dunha institución de educación superior que permite a igualdade de oportunidades dos cidadáns. E todo isto é posible grazas ás institucións do Consorcio de UNED Ourense, que desde a súa fundación apoian o traballo de xestionar a presenza da UNED no noso territorio", dixo o director ourensán.

UNED Ourense

Comunicación

Carretera de Vigo Torres do Pino  s/n Baixo 32001 Ourense - . Tel. 988371444 info@ourense.uned.es